Ecuación funcional

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

En matemáticas, unha ecuación funcional [1] é, no sentido máis amplo, unha ecuación na que unha ou varias funcións aparecen como descoñecidas. No entanto, adoita empregarse un significado máis restrinxido, onde unha ecuación funcional é unha ecuación que relaciona varios valores da mesma función. Por exemplo, as funcións logarítmicas caracterízanse esencialmente pola ecuación funcional logarítmica log(xy)=log(x)+log(y).

Se se supón que o dominio da función descoñecida son os números naturais, a función é xeralmente vista como unha secuencia, e, neste caso, unha ecuación funcional (no significado máis estreito) chámase relación de recorrencia. O termo ecuación funcional úsase principalmente para funcións reais e funcións complexas. Ademais, moitas veces asúmese unha condición de suavidade para as solucións, xa que sen tal condición, a maioría das ecuacións funcionais teñen solucións moi irregulares. Por exemplo, a función gamma é unha función que satisfai a ecuación funcional f(x+1)=xf(x) e o valor inicial f(1)=1. Hai moitas funcións que satisfan estas condicións, mais a función gamma é a única que é meromorfa en todo o plano complexo, e logarítmicamente convexa para Modelo:Mvar real e positivo (teorema de Bohr–Mollerup).

Exemplos

  • f(f(x))=g(x), que caracteriza as raíces cadradas funcionais da función Modelo:Mvar (que non coinciden coa función raíz cadrada).

Á hora de pedir todas as solucións, pode darse o caso de que se apliquen condicións da análise matemática; por exemplo, no caso da ecuación de Cauchy mencionada anteriormente, as solucións que son funcións continuas son as "razoables", mentres que se poden construír outras solucións que probablemente non teñan aplicación práctica (utilizando unha base de Hamel para os números reais como espazo vectorial sobre os números racionais). O teorema de Bohr-Mollerup é outro exemplo coñecido.

Involucións

As involucións caracterízanse pola ecuación funcional f(f(x))=x . Estas aparecen na ecuación funcional de Babbage (1820),[2]

f(f(x))=1(1x)=x.

Solución

Un método para resolver ecuacións funcionais elementais é a substitución. 

Algunhas solucións de ecuacións funcionais aproveitaron seren funcións sobrexectivas ou inxectivas, ou funcións pares ou impares.

Algunhas ecuacións funcionais foron resolvidas co uso de ansatzes, e tamén con indución matemática.

Na programación dinámica utilízanse unha variedade de métodos de aproximación sucesivas [3][4] para resolver a ecuación funcional de Bellman, incluíndo métodos baseados en iteracións de punto fixo.

Exemplo de solución

Solucionar f(x+y)=f(x)+f(y) sobre .[5]

Probando f(x)=kx+c, atopamos k(x+y)+c=kx+c+ky+c o que implica c=0, mais Modelo:Mvar pode ser calquera cousa. Entón a nosa suposición é que a resposta é f(x)=kx. Agora comezamos con x=y=0 e obtemos f(0)=0.

x=y=1 e obtemos f(2)=f(1)+f(1)=2k. (x,y)=(2,1) e obtemos f(3)=f(2)+f(1)=3k. E así en xeral chegamos a f(n)=nk.

Para os enteiros negativos, con x=y obtemos f(x)+f(x)=0,

e así, f é impar, por tanto o resultado f(n) = kn vale para os enteiros negativos.

Para o resto de facemos f(12)+f(12)=f(1)=k onde f(12)=12k.

E para pq facemos igual Modelo:Mvar veces f(pq)++f(pq)=f(p)=kp, e por tanto f(pq)=f(p)/q=kpq.

Desigualdades funcionais

Do mesmo modo que podemos expresar unha ecuación funcional podemos expresar unha desigualdade funcional que terá os seus métodos característicos de resolución.

Por exemplo:[6] Non existe ningunha función limitada f: con f(1)>0 que cumpra a desigualdade f(x+y)2f(x)2+2f(xy)+f(y)2.

Notas

Modelo:Reflist

Véxase tamén

Modelo:Commonscat



Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Modelo:Control de autoridades

  1. Modelo:Cita libro
  2. Modelo:Cita publicación periódica
  3. Bellman, R. (1957). Dynamic Programming, Princeton University Press.
  4. Sniedovich, M. (2010). Dynamic Programming: Foundations and Principles, Taylor & Francis.
  5. Modelo:Cita libro
  6. Modelo:Cita libro