Función exponencial
Modelo:1000 artigos icona título


A función exponencial é unha función matemática denotada por ou (onde o argumento Modelo:Mvar escríbese coma un expoñente). A menos que se especifique o contrario, o termo refírese xeralmente á función con valores positivos dunha variábel real, aínda que se pode estender aos números complexos ou xeneralizarse a outros obxectos matemáticos como matrices ou álxebras de Lie. A función exponencial orixinouse da operación de tomar potencias dun número (multiplicación repetida), mais varias definicións modernas permiten estendela rigorosamente a todos os argumentos reais , incluíndo os números irracionais.
As funcións para números reais positivos tamén se coñecen como funcións exponenciais e satisfán a identidade de exponenciación:
- para tódolos
Isto implica que para os números enteiros positivos temos (con factores), onde , relacionando as funcións exponenciais coa noción elemental de potenciación. A base natural é unha constante matemática ubicua chamada número de Euler. Para distinguilo, chámase función exponencial ou función exponencial natural: é a única función con valor real dunha variábel real cuxa derivada é ela mesma e cuxo valor en Modelo:Math é Modelo:Math:
- para todos os , e
A relación para e real ou complexa, permite expresar funcións exponenciais xerais en termos da exponencial natural.
De xeito máis xeral, calquera función definida por
tamén se coñece como función exponencial, xa que resolve o problema do valor inicial , é dicir, a súa taxa de cambio en cada punto é proporcional ao valor da función nese punto. Este comportamento modela diversos fenómenos nas ciencias biolóxicas, físicas e sociais, por exemplo, o crecemento sen restricións dunha poboación que se reproduce por si mesmo, a desintegración dun elemento radioactivo, o interese composto que se acumula nun fondo financeiro ou a lei de Moore.
A función exponencial tamén se pode definir como unha serie de potencias, que se aplica facilmente a números reais, números complexos e mesmo matrices. A función exponencial complexa
toma todos os valores complexos agás 0 e está estreitamente relacionado coas funcións trigonométricas complexas pola fórmula de Euler:
A función exponencial dos números reais é unha bixección de
no intervalo
.[1] A súa función inversa é o logaritmo natural, denotado Modelo:Nowrap, Modelo:Nowrap ou Modelo:Nowrap
Gráfica
A gráfica de ten pendente ascendente e aumenta máis rápido a medida que Modelo:Mvar aumenta.[2] A gráfica atópase sempre por riba do eixo Modelo:Mvar, mais atópase arbitrariamente preto del para un Modelo:Mvar negativo grande; así, o eixo Modelo:Mvar é unha asíntota horizontal. A ecuación significa que a pendente da tanxente á gráfica en cada punto é igual á súa coordenada Modelo:Mvar nese punto.
Definición formal

A función exponencial pode caracterizarse de diversas formas equivalentes. Normalmente defínese pola seguinte serie de potencias:[3][4]
Dado que o raio de converxencia desta serie de potencias é infinito, esta definición é aplicábel a todos os números complexos; ver plano complexo.
Resolvendo a ecuación diferencial ordinaria coa condición inicial usando o método de Euler dá outra caracterización común, a fórmula do límite do produto: [4]
Pódese demostrar que toda solución continua e distinta de cero da ecuación funcional para é unha función exponencial no sentido máis xeral, con
Derivadas e ecuacións diferenciais

A importancia da función exponencial en matemáticas e ciencias deriva principalmente da súa propiedade como función única que é igual á súa derivada e é igual a 1 cando Modelo:Math . É dicir,
As funcións da forma Modelo:Math para a constante Modelo:Math son as únicas funcións que son iguais á súa derivada (polo teorema de Picard-Lindelöf).
Tamén, para calquera función diferenciábel Modelo:Math, atopamos, pola regra da cadea:
Fraccións continuas para Modelo:Pequeno
Unha fracción continua para Modelo:Math pódese obter mediante unha identidade de Euler:
A seguinte fracción continua xeneralizada para Modelo:Math converxe máis rapidamente:
Plano complexo

Como no caso real, a función exponencial pódese definir no plano complexo de varios xeitos equivalentes.
A definición máis común da función exponencial complexa é paralela á definición da serie de potencias para argumentos reais, onde a variábel real é substituída por outra complexa:
O mesmo pasa coa definición baseada no límite:
Para a definición en serie de potencias, a multiplicación por termos de dúas copias desta serie de potencias no sentido de Cauchy, permitida polo teorema de Mertens, mostra que a propiedade multiplicativa definitoria das funcións exponenciais segue a ser válida para todos os argumentos complexos:
A definición da función exponencial complexa leva á súa vez ás definicións adecuadas que estenden as funcións trigonométricas a argumentos complexos.
En particular, cando Modelo:Math ( Modelo:Mvar real), a definición da serie produce a expansión
Nesta expansión, a reordenación dos termos en partes reais e imaxinarias está xustificada pola converxencia absoluta da serie. As partes real e imaxinaria da expresión anterior corresponden de feito ás expansións en serie de Modelo:Math e Modelo:Math, respectivamente.
Esta correspondencia proporciona un motivo para definir o coseno e o seno para todos os argumentos complexos en termos de e a serie de potencias equivalentes:
para todo
Estas definicións para as funcións exponenciais e trigonométricas conducen trivialmente á fórmula de Euler: :
A función exponencial complexa é periódica con período Modelo:Math e cúmprese para todo .
Cando o seu dominio se estende desde a recta real ata o plano complexo, a función exponencial conserva as seguintes propiedades:
para todos os
A extensión do logaritmo natural a argumentos complexos obtemos o logaritmo complexo Modelo:Math, que é unha función multivalorada.
- Gráficos 3D da parte real, parte imaxinaria e módulo da función exponencial
Cálculo de Modelo:Math onde tanto Modelo:Math como Modelo:Math son complexos
Modelo:Artigo principal A exponenciación complexa Modelo:Math pódese definir convertendo Modelo:Math en coordenadas polares e utilizando a identidade Modelo:Math
Cando Modelo:Math non é un número enteiro, esta función ten varios valores, porque Modelo:Math non é único.
Álxebras de Lie
Dado un grupo de Lie Modelo:Math e a súa álxebra de Lie asociada , o mapa exponencial é un mapa Modelo:Math que satisfai propiedades similares. De feito, dado que Modelo:Math é a álxebra de Lie do grupo de Lie de todos os números reais positivos baixo multiplicación, a función exponencial ordinaria para argumentos reais é un caso especial da álxebra de Lie. Do mesmo xeito, dado que o grupo de Lie Modelo:Math das matrices invertíbeis Modelo:Math ten como álxebra de Lie Modelo:Math, o espazo de todas as matrices Modelo:Math, a función exponencial para matrices cadradas é un caso especial do Mapa exponencial da álxebra de Lie.
A identidade pode fallar para os elementos da álxebra de Lie Modelo:Math e Modelo:Math que non conmuten; a fórmula de Baker-Campbell-Hausdorff proporciona os termos de corrección necesarios.
Transcendencia
A función Modelo:Math non está no anel das funcións racionais : non é o cociente de dous polinomios con coeficientes complexos.
Se Modelo:Math son números complexos distintos, entón Modelo:Math son linearmente independentes sobre , e polo tanto Modelo:Math é transcendental en .