Ecuación diferencial ordinaria

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

En matemática e en particular na análise, unha ecuación diferencial ordinaria (ou EDO) é unha ecuación que envolve as derivadas dunha función descoñecida dunha variable. Un exemplo simple dunha ecuación diferencial ordinaria é

f=f,

onde f é unha función descoñecida, e f' a súa derivada.

Definición

Sexa y unha función de x e que

y,y, , y(n)

denote as súas derivadas

dydx, d2ydx2, , dnydxn.

Unha ecuación diferencial ordinaria (EDO) é unha ecuación que envolve

x, y, y, y, .

A orde dunha ecuación diferencial é a orde n da maior derivada na ecuación.

Unha solución dunha EDO é unha función y(x) cuxas derivadas satisfán a ecuación. Non está garantido que tal función exista, e no caso de que exista, normalmente non é única.

Sobre a linearidade dunha ecuación diferencial ordinaria de orde n pode ser vista como unha función

F(x,y,y, , y(n))=0, e dise que a ecuación diferencial é linear se F for linear en y,y(x), , y(n)(x).[1]

No que se refire aos coeficientes, unha ecuación diferencial pode ter coeficientes constantes ou funcións da variable independente.

Cando unha ecuación diferencial de orde n ten a forma

F(x,y,y, , y(n))=0

denomínase ecuación diferencial implícita, mentres que a forma

F(x,y,y, , y(n1))=y(n)

denomínase ecuación diferencial explícita.

Unha ecuación diferencial é autónoma se non depende explicitamente de x, e homoxénea se todos os termos da ecuación diferencial dependen exclusivamente de x.

Exemplos prácticos

As ecuacións diferenciais empréganse frecuentemente para describir procesos nos que a mudanza dunha medida ou dimensión é causada polo propio proceso.

Historicamente, as primeiras ecuacións diferenciais foron as relativas á aceleración igual ou desigual, que Galileo Galilei puido medir, aínda que con métodos xeométricos.

Isaac Newton e Gottfried Leibniz introduciron o cálculo diferencial e, este último, as ecuacións diferenciais como as coñecemos hoxe.

Por exemplo na Física, a lei da vida media prevé que o número de átomos que se decompón por unidade de tempo nunha masa de átomos inestables dependen do total N dos átomos existentes (aquí é necesario considerar que, por ser N un número moi grande, pode tomarse a súa variación continua e determinista; no caso de N ser un número pequeno débese considerar a súa variación discreta e estocástica, e o método máis adecuado é outro).

Deste xeito, a diminución do número de átomos é proporcional ao total de átomos:

ddtN(t)=cN(t).

Polo cálculo da función N(t) nesta ecuación diferencial, tórnase posible determinar o número total de átomos a cada momento no tempo.

Un outro exemplo simple é o oscilador inalterado harmónico coa ecuación diferencial

ma=md2dt2x(t)=kx(t).

A función procurada aquí é a función x(t), cuxa segunda derivada en relación ao tempo procede das leis do movemento.

Ecuacións diferenciais específicas

Ecuacións diferenciais lineares

Unha EDO é linear cando os termos que envolven a función que se precisa determinar aparecen só de forma linear, ou sexa, pódese escribir a EDO como

fn(x)y(n)(x)+fn1(x)y(n1)(x)++f1(x)y(x)+f0(x)y(x)=q(x)

Esta ecuación é de grao n cando a función fn(x) non é identicamente nula.

Solución dunha ecuación diferencial ordinaria

Unha solución para unha ecuación diferencial é unha función que satisfai a identidade da ecuación. A solución máis xeral posible que admite unha ecuación diferencial denomínase solución xeral mentres que outra solución chámase solución particular.[2]

Exemplo: y+y=0

Solución particular: y(x)=ex

Solución xeral: y(x)=Cex (C constante)

As solucións clasifícanse en:

  • Solución xeral - presenta n constantes independentes entre si (n=orde da EDO). Esas constantes, segundo a conveniencia, podem ser escritas C,2C,C2,lnC,...
  • Solución particular - obtida da xeral, mediante condicións dadas (chamadas condicións iniciais ou condicións de contorno).[3]

Métodos para resolución de EDO

A habilidade en encontrar solucións exactas en xeral depende da habilidade en recoñecer certos tipos de ecuacións diferenciais e da aplicación dun método específico. Noutras palabras, o que funciona para un tipo de ecuacións diferenciais non necesariamente se aplica a outro tipo.[4]

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades

  1. Ecuacións Diferenciais Elementais e Problemas de Valores de Contorno oitava ed.
  2. Modelo:Cita web
  3. «Ecuacións Diferenciais».
  4. «Ecuacións Diferenciais de Variabades Separabades».