Disxunción lóxica

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Infobox Modelo:Sidebar

Diagrama de Venn ABC

En lóxica, a disxunción, tamén coñecida como disxunción lóxica, é unha conectiva lóxica que normalmente denótase como e lese como "ou". Por exemplo, a frase en galego "fai sol ou está quente" pódese representar na lóxica usando a fórmula disxuntiva SQ, supoñendo que S abrevia "fai sol" e Q abrevia "está quente". (Comúnmete enténdese máis por unha cousa ou outra, máis en lóxica tamén é válido cando acontecen as dúas xuntas).

Notación

Na lóxica e outros campos relacionados, a disxunción adoita anotarse cun operador infixo . As notacións alternativas inclúen +

, usado principalmente en electrónica, así como | e || en moitas linguaxes de programación.

Disxunción clásica

Semántica

A disxunción clásica é unha operación funcional de verdade que devolve o valor de verdade verdadeiro a menos que ambos os seus argumentos sexan falsos. A súa entrada semántica dáse normalmente do seguinte xeito:

ϕψ  se  ϕ  ou  ψ  ou  ambos os dous

Esta semántica correspóndese coa seguinte táboa de verdade: [1]

Modelo:2-ary truth table

Definida por outros operadores

Nos sistemas lóxicos clásicos onde a disxunción lóxica non é unha primitiva, pódese definir en termos das primitivas AND () e NOT ( ¬ ) como:

AB=¬((¬A)(¬B)).

Alternativamente, pódese definir en termos da implicación ( ) e da negación (lóxica) como:[2]

AB=(¬A)B.

Esta última pódese comprobar coa seguinte táboa de verdade:

Modelo:2-ary truth table

Tamén se pode definir unicamente en termos de :

AB=(AB)B .

Pódese comprobar coa seguinte táboa de verdade:

Modelo:2-ary truth table

Propiedades

As seguintes propiedades aplícanse á disxunción:

(a(bc))((ab)(ac))
(a(bc))((ab)(ac))
(a(bc))((ab)(ac))
(ab)((ac)(bc))

Aplicacións en informática

porta lóxica OR

Os operadores correspondentes á disxunción lóxica existen na maioría das linguaxes de programación.

Operación bit a bit

A disxunción úsase a miúdo para operacións bit a bit. Exemplos:

  • 0 ou 0 = 0
  • 0 ou 1 = 1
  • 1 ou 0 = 1
  • 1 ou 1 = 1
  • 1010 ou 1100 = 1110

Operación lóxica

Moitas linguaxes de programación distinguen entre a disxunción bit a bit e a disxunción lóxica proporcionando dous operadores distintos; nas linguaxes que seguen a C, a disxunción bit a bit realízase co operador de barra única (|) e a disxunción lóxica co operador de barra dupla (||).

Teoría de conxuntos

A pertenza dun elemento dun conxunto unión na teoría de conxuntos defínese en termos dunha disxunción lóxica: xAB(xA)(xB). Por iso, a disxunción lóxica satisfai moitas das mesmas identidades que a unión na teoría de conxuntos, como a asociatividade, a conmutividade, a distributividade e as leis de Morgan, identificando a conxunción lóxica coa intersección de conxuntos, e a negación lóxica co complemento de conxuntos.[4]

Linguaxe natural

A disxunción nas linguas naturais non coincide normalmente coa interpretación de na lóxica clásica. Como se comentou na introdución na fala común a disxunción non inclúe a condición de certa para ambas as condicións. Por exemplo é habitual facer perguntas con "ou" con intención de escoller entre as dúas: queres carne ou peixe?.

Esta interpretación correspóndese coa conectiva XOR (ou exclusivo).

Notas

Modelo:Reflist

Véxase tamén

Modelo:Commonscat

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


Modelo:Control de autoridades