Disxunción lóxica

En lóxica, a disxunción, tamén coñecida como disxunción lóxica, é unha conectiva lóxica que normalmente denótase como e lese como "ou". Por exemplo, a frase en galego "fai sol ou está quente" pódese representar na lóxica usando a fórmula disxuntiva , supoñendo que abrevia "fai sol" e abrevia "está quente". (Comúnmete enténdese máis por unha cousa ou outra, máis en lóxica tamén é válido cando acontecen as dúas xuntas).
Notación
Na lóxica e outros campos relacionados, a disxunción adoita anotarse cun operador infixo . As notacións alternativas inclúen +
, usado principalmente en electrónica, así como | e || en moitas linguaxes de programación.
Disxunción clásica
Semántica
A disxunción clásica é unha operación funcional de verdade que devolve o valor de verdade verdadeiro a menos que ambos os seus argumentos sexan falsos. A súa entrada semántica dáse normalmente do seguinte xeito:
- se ou ou ambos os dous
Esta semántica correspóndese coa seguinte táboa de verdade: [1]
Definida por outros operadores
Nos sistemas lóxicos clásicos onde a disxunción lóxica non é unha primitiva, pódese definir en termos das primitivas AND () e NOT ( ) como:
- .
Alternativamente, pódese definir en termos da implicación ( ) e da negación (lóxica) como:[2]
- .
Esta última pódese comprobar coa seguinte táboa de verdade:
Tamén se pode definir unicamente en termos de :
- .
Pódese comprobar coa seguinte táboa de verdade:
Propiedades
As seguintes propiedades aplícanse á disxunción:
Aplicacións en informática

Os operadores correspondentes á disxunción lóxica existen na maioría das linguaxes de programación.
Operación bit a bit
A disxunción úsase a miúdo para operacións bit a bit. Exemplos:
- 0 ou 0 = 0
- 0 ou 1 = 1
- 1 ou 0 = 1
- 1 ou 1 = 1
- 1010 ou 1100 = 1110
Operación lóxica
Moitas linguaxes de programación distinguen entre a disxunción bit a bit e a disxunción lóxica proporcionando dous operadores distintos; nas linguaxes que seguen a C, a disxunción bit a bit realízase co operador de barra única (|) e a disxunción lóxica co operador de barra dupla (||).
Teoría de conxuntos
A pertenza dun elemento dun conxunto unión na teoría de conxuntos defínese en termos dunha disxunción lóxica: . Por iso, a disxunción lóxica satisfai moitas das mesmas identidades que a unión na teoría de conxuntos, como a asociatividade, a conmutividade, a distributividade e as leis de Morgan, identificando a conxunción lóxica coa intersección de conxuntos, e a negación lóxica co complemento de conxuntos.[4]
Linguaxe natural
A disxunción nas linguas naturais non coincide normalmente coa interpretación de na lóxica clásica. Como se comentou na introdución na fala común a disxunción non inclúe a condición de certa para ambas as condicións. Por exemplo é habitual facer perguntas con "ou" con intención de escoller entre as dúas: queres carne ou peixe?.
Esta interpretación correspóndese coa conectiva XOR (ou exclusivo).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
- Modelo:Springer
- Eric W. Weisstein. "Disjunction." From MathWorld—A Wolfram Web Resource