Variedade (xeometría)

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
Nunha esfera, a suma dos ángulos dun triángulo non é igual a 180°, pois a superficie dunha esfera non é un espazo euclidiano. Porén, localmente, as leis da xeometría euclidiana son boas aproximacións. Este exemplo ilustra como a esfera pode representarse por unha colección de mapas bidimensionais. A esfera é, polo tanto, unha variedade, en concreto, unha variedade riemanniana.

Nas matemáticas, unha variedade é o obxecto xeométrico que xeneraliza a noción intuitiva de curva (1-variedade) e de superficie (2-variedade) a calquera dimensión e sobre corpos diversos (non necesariamente o dos reais); máis formalmente, pódese dicir que unha variedade de dimensión n es un espazo que se parece localmente a n.

Hai varios tipos de variedades, de acordo coas propiedades que posúen. As mais usuais son as variedades topolóxicas e as variedades diferenciábeis. As variedades son de interese no estudo da xeometría, da topoloxía, e da análise.

Motivación

Considérese a opinión de que a Terra é plana en contraste coa evidencia moderna de que é aproximadamente esférica. A discrepancia vén esencialmente do feito de que nas escalas pequenas que vemos a terra parecer ser plana. Xeneralizando, calquera obxecto que sexa case "plano" en escalas pequenas é unha variedade. As variedades constitúen unha xeneralización dos obxectos que poden ser considerados planos, arredor dun punto dado.

Construción xeral

Catro cartas dun círculo.

A idea xeral común aos varios tipos de variedades consiste na descomposición dun conxunto en varios anacos do mesmo tipo, de modo que estes anacos se xunten ben.

Formalmente, considérese un espazo topolóxico X e un grupo G de homeomorfismos de abertos de X. Unha variedade modelada no par (X,G) é un espazo topolóxico M dotado dun conxunto de homeomorfismos ϕi:UiVi, onde Ui e Vi son abertos de M e X, respectivamente tales que:

  • iUi=M
  • se UiUj, entón ϕjϕi1G

Cada función ϕi é chamada unha carta, e a colección de todas as cartas chámase atlas.

Clases de variedades

A lemniscata (coa topoloxía herdada do plano) non é unha variedade, pois na veciñanza do punto dobre parécese a unha cruz.

Existen diversas variantes, empregadas segundo o dominio particular considerado:

Dimensión

As variedades de dimensión 1 e 2 teñen nomes especiais. Así,

  • unha variedade de dimensión 1 chámase curva;
  • unha variedade de dimensión 2 chámase superficie.

Exemplos

O exemplo básico dunha variedade é o propio espazo euclidiano; moitas das súas propiedades recaen sobre as variedades. Alén diso, todo o límite plano dun subconxunto do espazo euclidiano, como o círculo ou a esfera, é unha variedade.

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Control de autoridades