Elemento neutro

De testwiki
Revisión feita o 20 de decembro de 2024 ás 09:54 por imported>Andresv.63 (Definición)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

En matemáticas, un elemento identidade ou elemento neutro dunha operación binaria é un elemento que deixa inalterados todos os elementos cando se aplica a operación.[1][2] Por exemplo, 0 é un elemento identidade da adición dos números reais. Este concepto utilízase en estruturas alxébricas como grupos e aneis. O termo elemento identidade adoita acurtarse a identidade (como no caso da identidade aditiva e da identidade multiplicativa) cando non hai posibilidade de confusión, mais a identidade depende implícitamente da operación binaria á que estea asociada.

Definición

O elemento neutro ou elemento identidade dun conxunto A, dotado dunha operación binaria interna

:A×AA(a,b)c=ab

é un elemento e do conxunto, tal que para calquera outro elemento a do conxunto cúmprese que:

ae=ea=a

É dicir, un elemento neutro ten un efecto inútil ao ser utilizado na operación , no sentido de que o resultado non é distinto do outro operando.

Unha identidade con respecto á suma denomínase identidade aditiva (moitas veces denotada como 0) e unha identidade con respecto á multiplicación chámase identidade multiplicativa (a miúdo denotada como 1).

Un elemento e que cumpra só ea=a denomínase elemento neutro pola esquerda. Analogamente, un elemento que cumpra só ae=a chámaselle elemento neutro pola dereita.

Exemplos

Conxunto Operación Elemento neutro
números reais suma e resta 0
números reais multiplicación e división 1
funcións dun conxunto a si mesmo composición de funcións función identidade
matrices m×n suma de matrices matriz de ceros
matrices n×n produto de matrices matriz identidade
vectores suma de vectores vector nulo
cadeas de caracteres concatenación de cadeas cadea baleira

Notas

Modelo:Reflist

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Control de autoridades