Homotopía

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
Os dous camiños con liñas de puntos que se mostran arriba son homotópicos en relación aos seus extremos. A animación representa unha posible homotopía.

En topoloxía, e máis precisamente en topoloxía alxébrica, dúas aplicacións continuas dun espazo topolóxico noutro chámanse homotópicas (do grego homos = mesmo e topos = lugar) se unha delas pode "deformarse continuamente" na outra.

Definición formal

Dúas aplicacións continuas f,g:XY dinse homotópicas se existe outra aplicación (continua tamén) H:X×[0,1]Y tal que:

H(x,0)=f(x)
H(x,1)=g(x)

Un exemplo importante son as diferentes clases (homotópicas) de aplicacións do círculo nun espazo X

S1X

a estrutura resultante é o grupo fundamental.

Se dúas aplicacións f e g son homotópicas, escríbese fg; o que significa que esta relación é efectivamente unha relación de equivalencia sobre o conxunto de aplicacións continuas de X en Y. As clases de equivalencia denomínanse clases de homotopía das aplicacións.[1]

Tipo homotópico

Dise que dous espazos X, Y teñen o mesmo tipo homotópico se existe un par de aplicacións XfY e YgX tales que gf e fg son homotópicos a IdX e IdY respectivamente. Adoita empregarse o símbolo fg, para indicar que os obxectos f e g son homotópicos.

Como exemplos, unha 1-esfera e un toro sólido teñen o mesmo tipo homotópico. Un espazo topolóxico que ten o mesmo tipo homotópico que un conxunto unitario dise contráctil.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Topoloxía Modelo:Control de autoridades

  1. Munkres: "Topología"