Número pentagonal

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
Unha representación visual dos seis primeiros números pentagonais

Un número pentagonal é un número figurado que estende o concepto de cadrados perfectos e números triangulares ao pentágono. Está estensión non é total, o modelo para a construción dos números pentagonais non ten simetrías. O n-ésimo número pentagonal pn é o número de puntos distintos nun modelo de puntos que consiste nos contornos de pentágonos regulares que comparten un vértide de lados de 1 punto ata de lados de n puntos. Por exemplo, o terceiro está formado a partir de contornos que comprenden 1, 5 e 10 puntos, pero o 1 e o 3 dos 5 coinciden con 3 dos 10, deixando 12 puntos distintos, 10 en forma de pentágono e 2 dentro.

pn vén dado pola fórmula:

pn=3n2n2=(n1)+3(n2)

para n ≥ 1. Os primeiros números pentagonais son:

1, 5, 12, 22, 35, 51, 70, 92, 117, 145, 176, 210, 247... Modelo:OEIS.

O n-ésimo número pentagonal pódese escribir como a suma dos enteirtos dende n ata 2n-1. Tamén se verifican as seguintes relacións:

pn=pn1+3n2=2pn1pn2+3

Os números pentagonais relaciónanse cos números triangulares, xa que o n-ésimo número pentagonal é un terzo do Modelo:Nowrap número triangular. Ademais, se Tn é o n-ésimo número triangular:

pn=Tn1+n2=Tn+2Tn1=T2n1Tn1


Os números pentagonais xeneralizados obtéñense da fórmula anterior, cando n toma os valores da seguinte secuencia 0, 1, −1, 2, −2, 3, −3, 4... , producindo a secuencia:

0, 1, 2, 5, 7, 12, 15, 22, 26, 35, 40, 51, 57, 70, 77, 92, 100, 117, 126, 145, 155, 176, 187, 22, 21 247, 260, 287, 301, 330, 345... Modelo:OEIS.

Os números pentagonais xeneralizados son de importantancia para a teoría das particións enteiras de Euler, como se expresa no seu teorema dos números pentagonais .

Outra forma de ver os números pentagonais xeneralizados, (cando é -n (valor negativo)) é coller a construción do número pentagonal n+2 e restarlle os puntos do pentágono máis externo.

Outras propiedades

  • pn para n>0 é o número de combinacións diferentes de n+8 en n partes que non inclúen 2 ou 3.
  • pn é a suma dos n primeiros números naturais congruentes con 1 mod 3.
  • p8np8n1=p2n+2p2n2

Probas de números pentagonais

Dado un número enteiro positivo x, para probar se é un número pentagonal (non xeneralizado) podemos calcular

n=24x+1+16.

O número x é pentagonal se e só se n é un número natural. Nese caso x é o n-ésimo número pentagonal.

Para os números pentagonais xeneralizados, basta con comprobar se Modelo:Math é un cadrado perfecto.

Para os números pentagonais non xeneralizados, ademais da proba do cadrado perfecto, tamén se require comprobar se

24x+15mod6

As propiedades matemáticas dos números pentagonais aseguran que estas probas sexan suficientes para demostrar ou refutar a pentagonalidade dun número. [1]

Gnomon

O Gnomon do n-ésimo número pentagonal é:

pn+1pn=3n+1

Números pentagonais cadrados

Un número pentagonal cadrado é un número pentagonal que tamén é un cadrado perfecto. [2]

Os primeiros son:

0, 1, 9801, 94109401, 903638458801, 8676736387298001, 83314021887196947001, 799981229484128697181818618181818 34354401, 73756990988431941623299373152801... Modelo:OEIS.

Notas

Modelo:Reflist

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades

  1. How do you determine if a number N is a Pentagonal Number?
  2. Weisstein, Eric W. "Pentagonal Square Number." From MathWorld--A Wolfram Web Resource.