Coeficiente

De testwiki
Revisión feita o 2 de xullo de 2024 ás 15:45 por imported>Andresv.63
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

En matemáticas, un coeficiente é un factor multiplicativo implicado nalgún termo dun polinomio, dunha serie ou dunha expresión. Pode ser un número, nese caso coñécese como factor numérico.[1] Tamén pode ser unha constante con unidades de medida, na que se coñece como multiplicador constante.[1] En xeral, os coeficientes poden ser calquera expresión (incluíndo variabeis como Modelo:Mvar, Modelo:Mvar e Modelo:Mvar). [2][1] Cando a combinación de variabeis e constantes non está necesariamente implicada nun produto, pódese chamar parámetro.[1]

Por exemplo, o polinomio 2x2x+3 ten coeficientes 2, −1 e 3, e as potencias da variable x no polinomio ax2+bx+c teñen coeficientes a, b, e c.

O coeficiente constante, ou termo constante ou constante é a cantidade non ligada ás variables nunha expresión. Por exemplo, os coeficientes constantes das expresións anteriores son o número 3 e o parámetro c, respectivamente. O coeficiente asociado ao grao máis alto da variábel nun polinomio denomínase coeficiente principal. Por exemplo, nas expresións anteriores, os coeficientes principais son 2 e a, respectivamente.

Por exemplo, no polinomio7x23xy+1.5+y,con variabeis x e y, os dous primeiros termos teñen os coeficientes 7 e −3. O terceiro termo 1.5 é o coeficiente constante. No último termo, o coeficiente é 1 e non está escrito explicitamente.

Cando un escribeax2+bx+c,xeralmente asúmese que Modelo:Mvar é a única variable, e que Modelo:Mvar, Modelo:Mvar e Modelo:Mvar son parámetros; así o coeficiente constante é Modelo:Mvar neste caso.

Calquera polinomio nunha única variable Modelo:Mvar pódese escribir comoakxk++a1x1+a0para algún número enteiro non negativo k, onde ak,,a1,a0 son os coeficientes. Isto inclúe a posibilidade de que algúns termos teñan un coeficiente 0; por exemplo, en x32x+1, o coeficiente de x2 é 0, e o termo 0x2 non aparece explicitamente.

Álxebra linear

En álxebra linear, un sistema de ecuacións lineares represéntase a miúdo pola súa matriz de coeficientes. Por exemplo, o sistema de ecuacións{2x+3y=05x4y=0,ten a matriz de coeficientes asociada (2354).

As matrices de coeficientes utilízanse en algoritmos como a eliminación gaussiana e a regra de Cramer para atopar solucións ao sistema.

Aínda que os coeficientes son vistos frecuentemente como constantes na álxebra elemental, tamén se poden ver como variabeis a medida que o contexto se amplía. Por exemplo, as coordenadas (x1,x2,,xn) dun vector v nun espazo vectorial con base {e1,e2,,en} son os coeficientes dos vectores base na expresión v=x1e1+x2e2++xnen.

Notas

Modelo:Reflist

Véxase tamén

Modelo:Commonscat

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Sabah Al-hadad and C.H. Scott (1979) College Algebra with Applications, page 42, Winthrop Publishers, Cambridge Massachusetts Modelo:ISBN .
  • Gordon Fuller, Walter L Wilson, Henry C Miller, (1982) College Algebra, 5th edition, page 24, Brooks/Cole Publishing, Monterey California Modelo:ISBN.

Modelo:Control de autoridades