Produto de Cauchy

De testwiki
Revisión feita o 20 de marzo de 2025 ás 21:02 por imported>Andresv.63 (Serie infinita como convolución discreta)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

En matemáticas, defídese o produto de Cauchy, así denominado en honra do matemático francés Augustin Louis Cauchy, como unha convolución discreta de dúas series estritamente formais, que se manipulan sen prestar atención a aspectos de converxencia, xeralmente, de números reais ou complexos, tales como

n=0an,n=0bn,


Sendo pois o produto de Cauchy:


(n=0an)(n=0bn)=n=0cn,onde cn=k=0nakbnk

para n = 0, 1, 2,...


Non é preciso que as series sexan converxentes. Véxase por exemplo Serie formal de potencias.

É de esperar, que por analoxía coas sumas finitas, no caso en que as dúas series fosen converxentes, a suma da serie infinita

n=0cn

sexa igual ao produto

(n=0an)(n=0bn)

do mesmo xeito que isto sería correcto se cada unha das dúas sumas que se multiplican posúe un número finito de termos.

En casos suficientemente ben comportados, cúmprese coa expresión anterior. Pero, e este é un punto importante, o produto de Cauchy de dúas sucesións existe aínda no caso de que unha ou ambas as dúas series infinitas correspondentes non fosen converxentes.

Exemplos

Serie finita

xi=0 para todo i>n e yi=0 para todo i>m. Neste caso o produto de Cauchy de i=0xi e i=0yi é (x0++xn)(y0++ym). Polo tanto, para series finitas (que son sumas finitas), a multiplicación de Cauchy é directamente a multiplicación das series.

Serie infinita

  • Primeiro exemplo. Sexan a,b, sexa xn=an/n! e yn=bn/n!. Entón
C(x,y)(n)=i=0naii!bni(ni)!=(a+b)nn!
por definición e pola fórmula binomial. Dado que, formalmente, exp(a)=n=0xn e exp(b)=n=0yn, demostrouse que exp(a+b)=n=0C(x,y)(n).
Como o límite do produto de Cauchy de dúas series absolutamente converxentes é igual ao produto dos límites desas series (véxase abaixo), demostrouse polo tanto a fórmula exp(a+b)=exp(a)exp(b) para todo a,ba,b.
  • Segundo exemplo. Sexa xn=1 para todo n, temos
c0=x0x0=1,c1=x0x1+x1x0=2,c2=x0x2+x1x1+x2x0=3,
logo C(x,x)(n)=n+1 para todo n.
Entón o produto de Cauchy é n=0C(x,x)(n)=1+2+3+4+5 e así limn+(1+2+3+4++n+) non é converxente.

Serie infinita como convolución discreta

Podemos organizar cada sumando do produto en forma de matriz cos coeficientes da combinación de elementos todos por todos:

A=(a0b0a0b1a0b2a0b3a1b0a1b1a1b2a1b3a2b0a2b1a2b2a2b3a3b0a3b1a4b0),

desde o punto de vista desta matriz o produto de Cauchy é unha convolución discreta formada pola suma das antidiagonais:

(n=0an)(n=0bn)=n=0antidiagonais=n=0k=0nakbnk.
(n=0an)(n=0bn)=(a0b0)+(a0b1+a1b0)+(a0b2+a1b1+a2b0)+

Converxencia e teorema de Mertens

Modelo:Artigo principalSexan x, y sucesións reais, Franz Mertens demostrou que se a serie y converxe a Y e a serie x converxe absolutamente a X entón o produto de Cauchy delas C(x,y) converxe a XY. Non é suficiente con que ambas as series sexan condicionalmente converxentes. Por exemplo, a sucesión xn=(1)n/n+1 xera unha serie condicionalmente converxente pero a sucesión C(x,x) non converxe a 0.

Demostración do teorema de Mertens

Sexa Xn=i=0nxi, Yn=i=0nyi e .Cn=i=0nC(x,y)(i). Entón Cn=i=0nk=0ixkyik=i=0nYixni se se reordena. Polo tanto Cn=i=0n(YiY)xni+YXn. Fixando un ϵ>0. Dado que x é absolutamente converxente e y é converxente entón existe un enteiro N tal que para todo nN |YnY|<ϵ/4n=0|xn|+1 e un enteiro M tal que para todo nM |xnN|<ϵ4Nsup|YnY|+1 (dado que a serie converxe, a sucesión debe converxer a 0). Tamén, existe un enteiro L tal que se nL entón |XnX|<ϵ/2|Y|+1. Polo tanto,

|CnXY|=|i=0n(YiY)xni+Y(XnX)|i=0N1|YiY||xni|+i=Nn|YiY||xni|+|Y||XnX|<ϵ

para todos os enteiros n maiores que N, M e L. Pola definición de converxencia dunha serie C(x,y)XY.

Teorema de Cesàro

Se x e y son sucesións reais e xA e yB entón 1n(i=0nC(x,y)n)AB

Xeneralizacións

Todo o enunciado nas seccións precedentes é aplicable ás sucesións de números complexos . Pódese definir tamén o produto de Cauchy para series en espazos euclidianos n onde a multiplicación é o produto interno. Neste caso, verifícase que se dúas series converxen en forma absoluta entón o seu produto de Cauchy converxe en forma absoluta ao produto interno dos límites.

Véxase tamén

Bibliografía

Modelo:Control de autoridades