James Gregory

De testwiki
Revisión feita o 25 de agosto de 2024 ás 11:12 por imported>Jglamela (*hipérbola->hipérbole)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Biografía

James Gregory, nado en Drumoak, Aberdeenshire, no 1638[1] e finado en Edimburgo no 1675, foi un matemático e astrónomo escocés. Estudou no Marischal College da Universidade de Aberdeen e en 1663 estableceuse en Londres. En 1664 viaxou a Italia e traballou na Universidade de Padua xunto a Stefano degli Angeli.[2] Foi profesor nas universidades de St Andrews e Edimburgo.

Dise que foi o matemático inglés máis notable do seu século despois de Newton.[3] Nese eido, son destacables as súas aportacións na primeira demonstración do teorema fundamental do cálculo e polo descubrimento das series de Taylor (anos antes de facelo o propio Taylor).

Un cráter lunar foi bautizado como Gregorio na súa honra.

Traxectoria

Vera circuli et hyperbolae quadratura, 1667

Publicou varios libros, dos cales os máis coñecidos son: Optica Promota en 1663, e Vera Circuli et Hyperbolae Quadratura en 1667.

Optica Promota

Neste libro describe un tipo de telescopio reflector que acabaría por levar o seu nome: o telescopio tipo Gregory ou "gregoriano". O fundamento deste telescopio baséase no uso dun espello secundario parabólico, que elimina a aberración cromática e a aberración esférica que se producían nos telescopios de refracción. Aínda que James Gregory nunca foi quen de construír un, empezaron a fabricarse nos anos posteriores. Este tipo de telescopios hoxe en día están obsoletos, porque actualmente hai modelos máis optimizados; con todo, algúns radiotelescopios como o Arecibo seguen a usar a óptica gregoriana.

O libro tamén menciona un método para calcular a distancia entre a Terra e o Sol, empregando o tránsito de Venus. Este foi o primeiro método fiable usado para determinar o valor da unidade astronómica (AU), ata a chegada de modernos sistemas láser e radar .

Vera Circuli e Hyperbolae Quadratura

Neste traballo estúdase a posibilidade de calcular a área de círculos e hipérboles mediante series infinitas converxentes. Un ano despois, o libro sería publicado, mostrando os métodos para obter volumes de sólidos de revolución . Unha das fórmulas desenvolvidas en series infinitas converxentes que resultou de máis utilidade foi a do arcotanxente:

arctan1x=1x13x3+15x5... ,

que anos despois John Machin empregaría para calcular o valor do número π .

Tamén se especula sobre a existencia de números transcendentes, deduce a imposibilidade de resolver o problema de cuadrar o círculo e fai contribucións aos polinomios de Taylor así como a primeira proba do teorema fundamental do cálculo integral . James Gregory tamén é o descubridor da Rede de difracción, que permite separar a luz en diferentes lonxitudes de onda.

Obras

  • 1663 – Optica promota.
  • 1667 – Vera circuli et hyperbolae quadratura (en galego, A verdadeira cuadración do círculo e a hipérbole).
  • 1668 – Exercitationes geometricae (en galego, Exercicios xeométricos)
  • 1668 – Geometriae pars universalis (en galego, A parte universal da xeometría)

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Modelo:Commonscat

Bibliografía

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades