Perímetro

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Un perímetro é a medida do contorno que arrodea unha figura xeométrica ou un terreo. O termo procede do grego peri (arredor) e metro (medida). Ao perímetro dun area circular chámaselle circunferencia.

Usos prácticos

O cálculo dun perímetro ten unha serie de aplicacións prácticas. Pode empregarse apra calcular a lonxitude dun valado necesaria para pechar un terreo ou xardín. ou tamén pode calcularse o perímetro dunha roda para saber a distancia que percorrerá en cada revolución.

Fórmulas

Figura Fórmula Variables
Círculo 2πr onde r é o raio
Triángulo a+b+c onde a, b e c son as lonxitudes dos lados
Polígono equilátero n×a onde n é o número de lados e a é a lonxitude de cada un deles
Polígono regular 2nbsin(πn) onde n é o número de lados e b é a distancia entre o centro do polígono e un dos vértices do polígono.
Polígono xeral a1+a2+a3++an=i=1nai onde ai é a lonxitude do lado i (1º, 2º, 3º … n) dun polígono de n lados.

Modelo:Matemáticas en progreso

Modelo:Control de autoridades