Identidade de Euler

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

En matemáticas, a Identidade de Euler, un caso especial da fórmula de Euler, é a seguinte:

eiπ+1=0

Esta ecuación aparece en Introdución de Leonhard Euler, publicada en Lausanne en 1748. (V. número e; unidade imaxinaria; número pi)

Demostración

Esta fórmula é un caso da fórmula de Euler, que asigna

eix=cosx+isinx

para calquera número real x. Se consideramos que x=π, temos que

eiπ=cosπ+isinπ

e posto que cos(π) = -1 e sen(π) = 0, obtemos que

eiπ=1

e polo tanto

eiπ+1=0

Importancia desta identidade

É "a fórmula máis salientable en matemáticas" segundo Richard Feynman. Feynman sinalou a importancia desta fórmula porque enlaza algunhas constantes matemáticas fundamentais:

Ademais, tódolos operadores aritméticos fundamentais están presentes: igualdade, suma, multiplicación e potencias.

Houbo un debate substancial no campo da filosofía das matemáticas sobre o "significado real" ou o "significado profundo" debido a que inclúe múltiples constantes e operacións. Algúns afirman que describe propiedades cognitivas dunha mente - e advocan pola cognitividade das matemáticas. No outro extremo, afirman que representa o consenso racional entre os matemáticos ou simplemente é unha proba da realidade física do universo e a álxebra e unha consecuencia da súa estrutura. Segundo isto, a fórmula non sería só salientable, senón divina.

Modelo:Control de autoridades