Galactosa-1-fosfato uridiltransferase

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
Para o tecido linfoide asociado ao intestino ver GALT.

Modelo:Proteína

A galactosa-1-fosfato uridiltransferase (GALT) (Modelo:EC number) é un encima responsable de converter a galactosa inxerida en glicosa.[1]

A GALT cataliza a segunda etapa da ruta de Leloir do metabolismo da galactosa.

UDP-glicosa + galactosa 1-fosfato glicosa 1-fosfato + UDP-galactosa

O encima está codificado no xene GALT do cromosoma 9[2], e a súa expresión está controlada polo xene FOX3. A ausencia deste encima orixina nos humanos a enfermidade galactosemia que pode ser mortal nos neonatos se non se elimina da dieta a lactosa (disacárido que contén galactosa). A fisiopatoloxía da galactosemia non foi aínda definida claramente.[1]

Mecanismo

Figura 1. Reacción en dúas etapas da GALT. Imaxe adaptada de[3].

A galactosa-1-fosfato uridiltransferasa (GALT) cataliza a segunda reacción da ruta de Leloir do metabolismo da galactosa por medio dunha cinética encimática de dobre desprazamento.[4] Isto significa que a reacción neta consiste en dous reactantes e dous produtos, e procede por medio do seguinte mecanismo: O encima reacciona cun substrato para xerar un produto e o encima modificado, o cal posteriormente reacciona co segundo substrato para formar o segundo produto, rexenerándose o encima orixinal.[5] No caso da GALT, o residuo His-166 actúa como un nucleófilo potente para facilitar a transferencia dun nucleótido entre UDP-hexosas e hexosas-1-fosfato.[6]

  1. UDP-glicosa + Encima-His Modelo:Eqm Glicosa 1-fosfato + Encima-His-UMP
  2. Galactosa 1-fosfato + Encima-His-UMP Modelo:Eqm UDP-galactosa + Encima-His[6]

A GALT necesita un ión ferro un ión cinc por subunidade.[7]

Estudos estruturais

Modelo:Pfam box Modelo:Pfam box A GALT é un homodímero.[7] A estrutura tridimensional por cristalografía de raios X a unha resolución de 1,8 ángstroms da galactosa-1-fosfato uridiltransferase obtivérona Wedekind, Frey e Rayment, e a súa análise estrutural atopou os aminoácidos chave esenciais para a función da GALT.[6] Os aminoácidos importantes encontrados por Wedekind et al. (Leu-4, Phe-75, Asn-77, Asp-78, Phe-79 e Val-108) son concordantes cos residuos que foron implicados en experimentos de mutacións puntuais e en cribado clínico na galactosemia humana.[6][8]

Importancia clínica

A deficiencia en galactosa-1-fosfato uridiltransferase causa a galactosemia clásica. A galactosemia é unha doenza da nenez de natureza hereditaria.[9] Os trazos autosómicos recesivos afectan aproximadamente a 1 de cada 40.000-60.000 nados. A galactosemia clásica (G/G) é causada por unha deficiencia na actividade da GALT, mentres que a forma máis común, Duarte/Classica (D/G), prodúcese pola atenuación da actividade da GALT.[10] Os síntomas inclúen problemas ováricos, dispraxia (dificultade para falar correctamente e consistentemente)[11] e déficit neurolóxicos.[10] Unha soa mutación nalgúns aminoácidos pode producir atenuación ou deficiencia da actividade da GALT.[12] Por exemplo, unha mutación simple de A a G no exón 6 do xene GALT cambia o Glu-188 por Arg, e unha mutación de A a G no exón 10 cambia o Asn-314 por Asp.[10] Estas dúas mutacións tamén engaden novos sitios de corte para os encimas de restrición.[10] O cribado clínico practicamente eliminou a morte neonatal pola galactosemia clásica, pero a doenza, debido ao papel da GALT no metabolismo da conversión da galactosa inxerida en glicosa, pode ser mortal.[9][13] Porén, as persoas afectadas pola galactosemia poden vivir de forma relativamente normal evitando os produtos que conteñen leite e calquera alimento que conteña galactosa, aínda que hai un risco potencial para problemas no desenvolvemento neurolóxico, ou outras complicacións, mesmo naqueles individuos que eviten a galactosa.[14]

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Control de autoridades