Función linear

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:1000 artigos icona título

Gráficas de dúas funcións lineares.

En análise matemática e áreas relacionadas das matemáticas, unha función linear entre números reais é unha función cunha gráfica (en coordenadas cartesianas con escala uniforme) é unha recta do plano.[1] A propiedade característica das funcións lineares é que cando se cambia o valor da variable independente, o cambio na variable dependente é proporcional.

As funcións lineares están relacionadas coas ecuacións lineares.

Propiedades

Unha función linear é unha función polinómica en que a variable x ten grao non superior a un:[2]

f(x)=ax+b.

Estas funcións denomínanse lineares porque a súa gráfica, conxunto de puntos (x,f(x)) do plano cartesiano, é unha recta. O coeficiente a denomínase pendente da función e da recta.

Se a pendente é a=0, é unha función constante f(x)=b que define unha recta horizontal, que algúns autores exclúen do conxunto de funcións lineares.[3] Con esta definición, o grao dun polinomio linear sería exactamente un, a súa gráfica unha recta oblicua nin vertical nin horizontal. Con todo, neste artigo non se require a0, polo que as funcións constantes considéranse lineares.

O dominio natural dunha función linear f(x) é o conxunto de todos os números reais, x. Pódense tamén considerar funcións nun intervalo arbitrario.

A gráfica de y=f(x)=ax+b é unha recta non vertical que ten exactamente unha intersección co eixe y, a ordenada na orixe (x,y)=(0,b). Se a0, á gráfica é unha recta non horizontal que ten unha intersección co eixe x (x,y)=(ba,0). O valor x=ba é a solución da ecuación f(x)=0, e tamén se denomina raíz ou cero de f(x).

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Bibliografía

  • James Stewart (2012), Calculus: Early Transcendentals, edition 7E, Brooks/Cole. 978-0-538-49790-9
  • Modelo:Cita libro

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades

  1. Stewart 2012, páx. 23
  2. Stewart 2012, páx. 24
  3. Modelo:Harvnb