Frecha (tipografía)
Saltar á navegación
Saltar á procura
Modelo:Puntuación Modelo:Outros homónimos A frecha[1] é un signo auxiliar da escrita que reproduce esquematicamente a arma do mesmo nome (→).
Usos
- Na marxe dun texto, para atraer a atención do lector sobre un elemento considerado interesante. Con esta mesma función usábase tamén no pasado o signo da man.
- Dentro das obras gramaticais, enciclopédicas e lexicográficas, para remitir a outro capítulo, lema ou epígrafe, en substitución de véxase.
- En diagramas, mapas conceptuais ou textos similares, para indicar unha secuencia lóxica ou cronolóxica, unha relación de causa-efecto, implicación, derivación etc.
Usos en Matemáticas
O símbolo frecha emprégase en Matemáticas en diferentes situacións.
- Pode indicar unha aplicación ou unha función ().
- Nos límites indica a que valor tende a variable ().
- Situado sobre unha ou dúas letras indica un vector ().
- Indica unha implicación lóxica ().