Fasor

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Sen referencias Modelo:Wikificar Un fasor ou vector de rotación é un vector bidimensional usado para representar unha onda en movemento harmónico simple.

Representandose a onda:

x(t)=Acos(ωt+α)

é posíbel identificarse unha relación entre ese modelo e a proxección no eixo das abscisas do seguinte vector

x(t)=A(cos(ωt+α)i+sin(ωt+α)j)

Ou sexa, é posíbel representar unha onda de amplitude máxima A e ángulo de fase (ωt+α) a través dun vector de magnitude A e que ten como ángulo (ωt+α) co eixo das abscisas, no sentido directo.

Aplicacións

Os fasores teñen unha larga aplicación práctica pois ofrecen varias vantaxes na manipulación e cálculo de ondas. Velaquí algunhas vantaxes:

Sobreposición de ondas

Grazas á natureza vectorial dos fasores, o cálculo do efecto da sobreposición de ondas redúcese a unha soma vectorial.

Derivación e determinación da velocidade e aceleración

Debido á natureza do modelo matemático da onda en movemento harmónico simple, das operación de derivación e das propiedades trigonométricas, a determinación da velocidade e aceleración dunha partícula en movemento harmónico simple tornase trivial. Derivando a expresión x(t) obtéñense as seguintes expresións para a velocidade e aceleración:

v(t)=x˙(t)=Aωsin(ωt+α)
a(t)=x¨(t)=Aω2cos(ωt+α)

A partir das relacións trigonométricas dedúcese que a velocidade e a aceleración poden ser representados como vectores que teñen un ángulo de π/2 e π co fasor posición e que posúen as magnitudes Aω e Aω2 respectivamente.

Circuítos eléctricos en corrente alternada

Para circuítos eléctricos sinusoidais en réxime permanente, é posíbel a utilización do método fasorial para o estudo, evitando unha resolución con ecuacións diferenciais. Os elementos eléctricos (resistencias, indutancias e capacitancias) serán representados por impedancias, todos nunha mesma unidade (ohm).

Un fasor funciona como un vector, onde o módulo é a intensidade da grandeza medida (tensión ou corrente) e o ángulo mede a defasaxe da grandeza con relación a un circuíto puramente resistivo (ø=0).

Modelo:Control de autoridades