Función de Weierstrass

De testwiki
Revisión feita o 31 de agosto de 2016 ás 19:47 por imported>BanjoBot 2.0 (Definición: Arranxos varios)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura
O gráfico da función de Weierstrass é un fractal

En matemática, a función de Weierstrass é un importante contra-exemplo mostrando a existencia dunha función continua en toda a recta real que non posúe derivada en ningún punto do dominio. Recibe o nome en honra ao seu descubridor o matemático Karl Weierstrass. A función de Weierstrass é primeira función publicada a presentar tal patoloxía.

Aínda que sexa considerada por moitos como un caso patolóxico, pódese afirmar que, en certo sentido, o comportamento da función de Weierstrass é o caso máis común. Sendo o conxunto das funcións diferenciábeis en polo menos un punto un conxunto magro dentro do espazo de Banach das funcións continuas coa norma do supremo.

Definición

A función de Weierstrass é definida pola seguinte serie de Fourier:

f(x)=n=0ancos(bnπx)

onde a(0,1) e b é un enteiro positivo impar tal que:

ab>1+32π

Modelo:Control de autoridades