Wolfram Alpha: Diferenzas entre revisións

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
imported>InternetArchiveBot
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5
 
(Sen diferenzas.)

Revisión actual feita o 5 de febreiro de 2025 ás 13:21

Modelo:Compañía Wolfram Alpha é un motor computacional (CAS) desenvolvido por Wolfram Research. Wolfram é un servizo en liña que atopa respostas concretas baseadas en cálculos numéricos e información gardada en bases de datos, non en páxinas web ou documentos ligados.[1][2]

Wolfram Alpha baséase na plataforma computacional Mathematica, escrita polo científico británico Stephen Wolfram en 1988.

Visión xeral

Wofram ofrece respostas concretas a preguntas feitas como as faría un humano. A páxina traballa como o faría unha investigación baseada en datos, sen traballar con datos semánticos. Wolfram pode responder a preguntas en inglés como "Cando naceu Obama?". A páxina dá a data como resposta en diversos formatos.

Tamén pode responder a preguntas como "Que idade tiña Picasso o 13 de xaneiro de 1945?":

age of picasso 1945 january 13

dando como respota: "63 years 2 months 19 days" (63 anos, 2 meses e 19 días).

Código QR co enderezo URL da Wikipedia en galego.

Wolfram Alpha tamén pode xerar códigos QR:

qr code http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

Cálculos matemáticos

Wolfram inclúe parte das posibilidades matemáticas de Mathematica. O programa informático no que se basea o seu deseño.[3]

Wolfram Alpha está escrito en 15 millóns de liñas de código de Mathematica (empregando webMathematica e gridMathematica) o código execútase en 10.000 CPU (aínda que o número está a medrar dende o lanzamento).

Wolfram Alpha é quen de resolver cálculos matemáticos con integrais, derivadas, ecuacións, operacións con matrices, trigonometría ou representacións gráficas de funcións.

Por exemplo, dando como entrada:

y+y=0,y(0)=2,y(0)=1,

devolve como solución

y(x)=sen(x)+2cos(x).

A páxina ten un servizo Pro de pago por subscrición que permite facer operacións con táboas, imaxes, son, XML e ducias de formatos científicos especializados, formatos médicos, matemáticos e de análise automático.

Notas

Modelo:Reflist

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Modelo:Control de autoridades