Zona de sombra sísmica

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
Zona de sombra sísmica (do USGS)

Unha zona de sombra sísmica é unha área da superficie da Terra na cal os sismógrafos non poden detectar un terremoto[1] por medio das ondas sísmicas que atravesan o interior da Terra. Cando se produce un terremtoo, as ondas sísmicas irradian de forma esférica desde o seu foco. As ondas sísmicas primarias (P) orixinadas polo terremoto son refractadas fortemente polo núcleo externo fundido da Terra, o que fai que non se detecten entre os 104° e 140° (aproximadamente entre os 11 570 e os 15 570 km) medidos desde o epicentro do terremoto. Aínda que as ondas P sofren unha forte caída da súa velocidade e refracción, poden propagarse dentro do núcleo externo. Ao contrario, as ondas sísmicas secundarias (S) non poden pasar a través do núcleo externo líquido da Terra e non se detectan a máis de 104° (aproximadamente aos 11 570 km) desde o epicentro.[2][3]

A razón deste comportamento é que as ondas P e S están gobernadas polas diferentes propiedades do meterial polo que se propagan e por distintas relacións matemáticas. As tres propiedades que inflúen son: incompresibilidade (k), densidade (p) e rixidez (u). A velocidade das ondas P é igual a (k+43u)/p, mentres que a das S é igual a (u/p), polo que a velocidade das ondas S depende totalmente da rixidez do material que atravesa. Os líquidos teñen rixidez cero, o que fai que a velocidade das ondas S sexa cero e, por tanto, non se poidan propagar. Porén, as ondas P só dependen parcialmente da rixidez e manteñen algo de velocidade (aínda que se reduce moito) cando atravesan líquidos.[4] As análises sismolóxicas dos rexistros de diversos terremotos e das súas zonas de sombra levaron ao xeólogo Richard Oldham a deducir en 1906 a natureza líquida do núcleo externo terrestre.[5]

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

Modelo:Listaref

Modelo:Control de autoridades

  1. Modelo:Cite web
  2. Modelo:Cite web
  3. Modelo:Cite webModelo:Ligazón morta
  4. Armstrong, D.; Mugglestone, F.; Richards, R.; Stratton, F. (2008). "OCR AS and A2 Geology". Pearson Education: 14.
  5. Modelo:Cite journal