Valor esperado

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

En estatística o valor esperado ou esperanza matemática (ou simplemente esperanza) dunha variable aleatoria é a suma da probabilidade de cada suceso multiplicado polo seu valor. Por exemplo nun xogo de azar o valor esperado é o beneficio medio.

Se tódolos sucesos son de igual probabilidade a esperanza é a media aritmética.

Definición

Para unha variable aleatoria discreta con valores posibles x1,x2xn e as súas posibilidades representadas pola función de masa p(xi) a esperanza calcúlase con

E[X]=i=1nxip(xi)

Para unha variable aleatoria continua a esperanza calcúlase mediante a integral de tódolos valores e a función de densidade f(x):

E[X]=xf(x)dx

As esperanzas E[Xk] para k=0,1,2... chámanse momentos de orde k. Máis importantes son os momentos centrados E[(XE[X])k].

Non tódalas variables aleatorias teñen un valor esperado (por exemplo a distribución de Cauchy).

O valor esperado é unha función lineal. Por iso

E[aX+b]=aE[X]+b

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Control de autoridades