Tronco de cono

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
Tronco de cono.

Ficheiro:Tronco cono 3D.stl

Tronco de cono.

O tronco de cono, cono truncado ou tronco de Garófalo é un volume de revolución xerado por un trapecio rectángulo ao tomar como eixe de xiro o lado perpendicular ás bases.

Un tronco de cono recto, de bases paralelas, é a porción de cono comprendido entre dous planos que cortan o cono e son perpendiculares ao seu eixe. Queda determinado polos radios das bases, r1 e r2, a altura, h, e a xeratriz, s, entre os cales se cumpre a relación do teorema de Pitágoras:

s2=(r1r2)2+h2

A área lateral dun tronco de cono pódese calcular mediante a semisuma dos perímetros das bases, pola xeratriz:

AL=2πr1+2πr22s
AL=π(r1+r2)s

A área dun tronco de cono, a cal é a área lateral máis a área das bases superior e inferior, pódese calcular mediante a fórmula:

A=A1+A2+AL
A=πr12+πr22+π(r1+r2)s
A=π[r12+r22+(r1+r2)s]

O volume dun tronco de cono pódese calcular utilizando o produto entre a altura do tronco e a media heroniana da área das bases:

V=h3(A1+A2+A1A2)
V=h3(πr12+πr22+πr12πr22)
V=hπ3(r12+r22+r1r2)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades