Torres de delay
Modelo:RevisiónModelo:Sen referencias
As torres de delay ou torres de reforzo son unha serie de altofalantes que se colocan en grandes recintos para reforzar o sistema principal de son nestes lugares, xa que debido á distancia o son vaise esvaecendo e non chega con claridade a todo o espazo. Ademais compensan o retardo do son producido por esa distancia debido á velocidade á que se transmiten as ondas sonoras.
Historia
A partir do ano 2000 comezouse a estandarizar o uso do arranxo line array así que foron pasando os anos, descubriuse como o arranxo máis practico e con mellores resultados para realización de eventos audiovisuais de mediano e gran formato en exteriores (campos de fútbol, festivais, etc) ou espazos interiores amplos. A gran versatilidade destes sistemas fixo que en poucos anos todas as empresas de alugamento de equipos e as grandes xiras substituíran os seus sistemas por un line array dalgunha das numerosas compañías que o fabrican.
Ante a necesidade de cubrir cada vez máis distancia de audiencia, as compañías comezaron a desenvolver sistemas ou arranxos que nos permitiran cubrir as necesidades actuais. Combinando estes sistemas (line array) xunto cos procesadores que temos dispoñibles no mercado podemos crear sistemas dunha gran versatilidade e cubrir necesidades técnicas máis complexas.
A día de hoxe nos grandes festivais ou nas xiras dos artistas globais precisamos cubrir máis de 100 metros de audiencia ao longo e 60 metros de ancho. Polo que se fai imprescindible, para contar cun equipo que responda en todo o recinto ás necesidades requiridas, a instalacións dunhas "axudas" que son denominadas torres de delay estas permitirannos cubrir toda a zona de audiencia sen que a presión sonora sufra sombras ou zonas nas que non escoitamos ben.
Cálculo da torre de delay
O son viaxa a unha velocidade particular, o son viaxa extremadamente rápido pero non sempre a mesma velocidade, por iso é bo que usemos medios técnicos especialmente pensados e deseñados para calcular esta cuestión, Smart Live por exemplo.
A ecuación para calcular a velocidade do son é:[1] Modelo:Ecuación
Asúmese como regra xeral que a velocidade do son é de 344 m/s. Como sabemos que perdemos 6 decibelios cada vez que dobramos a distancia, precisamos calcular ben o delay das torres para que toda a audiencia teña a presión buscada. Para calcular o delay correcto temos que usar a seguinte ecuación:[1] Modelo:Ecuación Onde V é o tempo de delay, x é a distancia entre a fonte sonora é a colocación da torre de delay e t é a velocidade do son. Ao facer isto correctamente, conseguimos sincronizar a fonte sonora (PA) coa torre de delay, pero esta situación provoca que ao noso cerebro non lle resulte crible que o son provén do escenario, polo que debemos engadir un pouco máis de delay (entre 5 e 10 milisegundos) para que o arranxo pareza natural e non resulte incomprensible (no que se refire ao plano sonoro).