Ruído de patrón fixo

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

O ruído de patrón fixo, ou no seu acrónimo en inglés FPN (Fixed-Patern Noise) é a falta de uniformidade nos valores de saída dos píxeles nun sensor de imaxe dixital baixo unha iluminación uniforme. Os fotodiodos presentan variacións de sensibilidade e rendemento que teñen como consecuencia unha ausencia de consistencia na saída do sinal. Estas variacións increméntanse cando non contamos con iluminación externa.

Este patrón de ruído inclúe o concepto dos "píxeles quentes", que se definen como tales cando a intensidad dun píxel está moi por riba das flutuacións aleatorias de ruído ambiente. O ruído de patrón fixo acostuma aparecer durante os tempos de exposición moi longos do sensor e agrávase co aumento da temperatura.

Este patrón de ruído é único para cada sensor, se se mide nas mesmas condicións de temperatura e duración da exposición, pero difire entre distintos sensores. Tomando vo como o valor do píxel nominal (baixo unha iluminación uniforme), e o valor de saída do píxel do sensor vij para 1≤i≤n e 1≤j≤m, entón o ruído de patrón fixo defínese como o conxunto de valores: ∆voij = voijvo

Nos sensores CMOS (PPS e APS) apréciase un maior FPN que en sensores de tipo CCD, que só sofren de ruído de patrón fixo por corrente escura e pola variación de sensibilidade do fotodetector, pero reciben un tipo de FPN por columnas, que aparece representado na imaxe final en forma de “raias” resultando nunha significativa degradación da imaxe.[1]

Cuantificación do FPN

O ruído de patrón fixo é medíbel pola desviación estándar da uniformidade dos píxeles de saída baixo unha iluminación uniforme. Tipicamente representada polas variacións de voltaxe en %.

  • Valores de desviación estándar para o FPN de entre < 0.1% e > 4% son comunmente rexistrados.

Experimentalmente, o FPN avalíase:

  • Preparando unha fonte de iluminación uniforme (incluída a non iluminación)
  • Capturar múltiples imaxes
  • Para cada pixel calcular o valor de saída medio (para eliminar o ruído temporal)
  • Estimar a desviación estándar dos valores dos píxeles de saída
  • Repetir o proceso para distintos niveis de iluminación

Notas

Modelo:Listaref

Bibliografía

Modelo:Control de autoridades