Proceso adiabático

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Un proceso adiabático é un proceso de transformación termodinámica, é dicir, entre dous estados termodinaḿicos, no cal non hai trocos de calor co ambiente, a pesar de haber variación térmica. A enerxía interna transfórmase en traballo directamente. Coa perda de enerxía interna, hai diminución da temperatura e realización de traballo (aumento de volume). Co gaño de enerxía interna, hai aumento de temperatura e absorción de traballo (diminución de volume). O seu nome ven do grego ἀ-διὰ-βαῖνειν (sen paso a través).

Gases ideais (procesos reversíbeis)

Para unha substancia simple, nun proceso adiabático con aumento de volume, a enerxía interna da substancia diminúe.

A ecuación que pode ser utilizada no estudo básico de transformacións adiabáticas é a Lei de Laplace Poisson:

PVγ=constante

ondeP é a presión, V o volume, e

γ=CPCV=α+1α,

Tendo CP como calor específica a presión constante e CV como calor específica a volume constante. α é o número de graos de liberdade dividido por 2 (3/2 para gases monoatómicos gas, 5/2 para diatómicos). Para un gas ideal monoatómico, γ=5/3, e para un diatómico (como o nitróxeno ou osíxeno), γ=7/5.

Para procesos adiabáticos reversíbeis, é tamén certo que:

Pγ1Tγ=constante
VTα=constante

onde T é temperatura absoluta.

Isto pódese por como:

TVγ1=constante

Pola contra nun proceso adiabático irreversible prodúcese un aumento de entropía específica[1]

Notas

  1. Jürg Waser Termodinámica química fundamental. Reverte, 1972, páxina 66

Modelo:Control de autoridades