Prensa hidráulica

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Sen referencias

Unha prensa hidráulica é un mecanismo conformado por vasos comunicantes impulsados por pistóns de diferente área que, mediante pequenas forzas, permite obter outras maiores. Os pistóns denomínanse pistóns de auga, xa que son hidráulicos. Estes fan funcionar conxuntamente ás prensas hidráulicas por medio de motores 2.1.

Antiga prensa hidráulica.

No século XVII, en Francia, o matemático e filósofo Blaise Pascal comezou unha investigación referente ao principio mediante o cal a presión aplicada a un líquido contido nun recipiente se transmite coa mesma intensidade en todas as direccións. Grazas a este principio pódense obter forzas moi grandes utilizando outras relativamente pequenas. Un dos aparellos máis comúns para alcanzar o anteriormente mencionado é a prensa hidráulica, a cal está baseada no principio de Pascal.

O rendemento da prensa hidráulica garda similitudes co a panca, pois obtéñense presións maiores que as exercidas, pero aminórase a velocidade e a lonxitude de desprazamento, en similar proporción.

Cálculo da relación de forzas

Cando se aplica unha forza F1 sobre o émbolo de menor área A1 xérase unha presión p1:

Esquema de forzas e áreas dunha prensa hidráulica.
p1=F1A1

Do mesmo modo no segundo émbolo:

p2=F2A2

Obsérvase que o líquido está comunicado, logo polo principio de Pascal, a presión nos dous pistóns é a mesma, por tanto cúmprese que:

p1=p2

Isto é:

F1A1=F2A2 e a relación de forzas: F1F2=A1A2

Logo a forza resultante da prensa hidráulica é:

F2=F1A2A1

Onde:

F1 = forza do émbolo menor en N, D, KgF gF
F2 = forza do émbolo maior en N, D, KgF gF
A1 = área do émbolo menor en m2, cm2, in2
A2 = área del émbolo maior en m2, cm2, in2

Modelo:Control de autoridades