Partícula alfa

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
Partícula alfa.

As partículas (α)[1] son núcleos completamente ionizados, é dicir, sen a súa envoltura de electróns correspondente, de helio-4 (4He). Estes núcleos están formados por dous protóns e dous neutróns. Ao carecer de electróns, a súa carga eléctrica é positiva (+2qe), mentres que a súa masa é de 4 uma.

Xenéranse habitualmente en reaccións nucleares ou desintegración radioactiva doutros nucleidos que se transmutan en elementos máis lixeiros mediante a emisión de ditas partículas. A súa capacidade de penetración é pequena; na atmosfera perden rapidamente a súa enerxía cinética, porque interaccionan fortemente con outras moléculas debido á súa gran masa e carga eléctrica, xerando unha cantidade considerable de ións por centímetro de lonxitude percorrida. En xeral non poden atravesar espesores de varias follas de papel.

Teñen unha carga de 3,21019 coulombs e unha masa de 6,681027kg.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Modelo:Commonscat

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades