Número de Péclet

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

O Número de Péclet é un número adimensional de importancia no estudo dos fenómenos de transporte en fluxos de fluídos. Recibe o seu nome do físico francés Jean Claude Eugène Péclet. Defínese como a relación entre a advección dunha propiedade física (usualmente materia ou enerxía) debida ao fluxo e a difusión, debida a un gradiente desa mesma propiedade. En transmisión de calor, o número de Péclet é equivalente ao produto do Número de Reynolds e o Número de Prandtl. En transferencia de materia, o número de Péclet é o produto do Número de Reynolds e o Número de Schmidt.

En transmisión de calor (advección e difusión térmica), o número de Péclet defínese como:

PeL=LVα=ReLPr.

En transferencia de materia (advección e difusión de materia), defínese como:

PeL=LVD=ReLSc

onde L é a lonxitude característica, V a velocidade, D o coeficiente de difusión, e α a difusividade térmica,

α=kρcp

onde k é a condutividade térmica, ρ a densidade, e cp a capacidade calorífica.

Modelo:Control de autoridades