Número de Mach

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Sen referencias

Un F/A-18 Hornet a velocidade transónica xusto antes de acadar a velocidade do son.

O Número de Mach (Ma ou M) é a relación que existe entre a velocidade dun corpo que se despraza nun determinado medio e a velocidade do son nese fluído nas mesmas condicións físicas, en particular á mesma temperatura e presión. Recibe o nome do físico e filósofo austríaco Ernst Mach. Utilízase a miúdo para representar a velocidade dun obxecto que viaxa a velocidades próximas ou superiores á do son.

Cálculo

O número de Mach é un número Modelo:Dic empregado de xeito usual para expresa-las velocidades dos avións. Cando se fala de Mach 1, estase a dicir que o avión voa á velocidade do son, Mach 2 fai referencia a que a súa velocidade é dúas veces a velocidade do son etc. Como a velocidade do son nun determinado medio depende, entre outros factores, da temperatura, a velocidade dun avión viaxando a Mach 1 dependerá da súa Modelo:Dic e das condicións atmosféricas.

Os réximes de voo das aeronaves clasifícanse segundo o número de Mach do seguinte xeito:

  • Subsónico: M < 0,7
  • Transónico: 0,7 < M < 1,2
  • Supersónico: 1,2 < M < 5
  • Hipersónico: M > 5

O seu valor está expresado pola seguinte fórmula:

 M=vsu

onde

 M é o número de Mach
 vs é a velocidade do obxecto (relativa á do medio)
 u é a velocidade do son no medio

Modelo:Control de autoridades