Morcego das fragas
Modelo:Taxobox O morcego das fragas[1] (Barbastella barbastellus) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Vespertilionidae.
Descrición
É de tamaño medio, destacan as súas orellas grandes de forma cuadrangular, unidas na fronte no seu bordo interno. O pelame é bastante escuro, entre negruzco e pardo. A femia é lixeiramente maior có macho: de 35 a 42,5 mm de tamaño e un peso entre 5,6 e 13,7 g. Este morcego emite dous tipos de sinais ultrasónicas CF-FM, curtas e moi características, con máximos de intensidade en torno 32-37 e 41-43 kHz. A súa fórmula dental é .
Distribución
Está amplamente distribuído por Centroeuropa acadando o sur de Escandinavia, está presente no norte de África e na maioría das illas do Mediterráneo, , aínda que pode ser raro nestas rexións, chegando até Turquía e a península de Crimea en Ucraína. En España a maioría das observacións realizáronse na metade setentrional, áchase presente nas Illas Baleares, na illa de Mallorca e nas Canarias, nas illas de Tenerife e La Gomera.
Único representante do seu xénero en Europa. As poboacións das Illas Canarias inclúense na subespecie Barbastella barbastellus guanchae.
Hábitat
Trátase dun morcego pouco gregario, o tamaño das colonias adoitan ser de poucos individuos, normalmente por baixo dos 15 exemplares. Especie citada habitualmente en zonas montañosas e non especialmente asociado a zonas forestais, refúxiase tanto en árbores, como en casas e refuxios subterráneos, neste último caso sobre todo en inverno.
Ameazas
Ao tratarse dunha especie que en áreas forestais adoita ocupar buratos nas árbores, veríase afectado pola dispoñibilidade de árbores de tamaño suficiente. A maior parte das localizacións desta especie están situadas en edificacións antigas en ambientes rurais e poden verse afectados polos problemas habituais deste tipo de refuxios (remodelación, ruína e molestias...). Non obstante as colonias do morcego das fragas adoitan mudar con frecuencia de localización e por isto veranse menos afectadas ca outras especies que utilizan estes refuxios de forma máis estable (p. e. rinolófidos, Myotis emarginatus).
Galería de imaxes
-
Morcego das fragas voando.
-
Colonia de Barbastella barbastellus.
Notas
Véxase tamén
Modelo:Commonscat Modelo:Wikispecies
Bibliografía
- Atlas y Libro Rojo de mamíferos terrestres de España, no Atlas da biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Visto en agosto do 2020
- Barbastella barbastellus en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).Modelo:En Visto o 18 de outubro de 2018.
- Status de conservación: Amori, G., Hutterer, R., Krystufek, B., Yigit, N., Mitsani, G. & Muñoz, L. J. P. 2008. Barbastella barbastellus. In: IUCN 2009. IUCN Lista Roja de Especies Amenazadas. Version 2009.1. Modelo:Webarchive <www.iucnredlist.org>. (NT).