Medias non locais

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Medias non locais, coñecido como Non-local means, é un algoritmo de filtrado para o procesamento de imaxes dixitais. O ruído pode aparecer na captura ou durante a transmisión da propia imaxe. O obxectivo dos algoritmos de filtrado consiste na eliminación do ruído tratando de preservar as características máis importantes desa imaxe (bordos, textura, intensidade).[1]

Definición de medias non locais

A idea deste filtro é a de ter en conta o alto grado de redundancia que se observa nas imaxes naturais. Para poñer en funcionamento esta idea, defínese a contorna dun píxel x como a contorna de píxeles y da imaxe tales que a intensidade nunha contorna centrada en y é similar á dunha contorna do mesmo tamaño centrado en x.

Máis precisamente, definimos un sistema de contornas en Ω como unha familia,

N=Nx tal que,

xNx e se yNx entón xNy.

Dada unha imaxe representada por u, esta define U(Nx)=u(y):yNx.

Polo tanto, a similitude entre os dous píxeles x e y baséase na similitude entre a intensidade dos niveis de gris entre x e y. Esta similitude mídese mediante unha distancia gaussiana :

|U(Nx)U(Ny)|2=Ga(s)(u(x+s)u(y+s))2ds,

onde Ga é un núcleo gaussiano de varianza a,

Entón, o filtro defínese como:

NLhu(x)=1/C(x)exp(Ga(u(x+.)u(y+.))2u(y)dy,

onde atopamos C(x) como o factor de normalización.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades