Máis-menos

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Puntuación O sinal máis-menos[1] (Modelo:Unicode) é un símbolo matemático empregado con distintos significados tamén noutros campos. Outro símbolo relacionado con este é o menos-máis (∓).

Historia

Unha versión do signo, coa palabra francesa "ou", aparece nunha obra de Albert Girard de 1626 e o signo na forma moderna foi empregado por William Oughtred en Clavis Mathematicae, en 1631.[2]

Usos

En Matemáticas indica que un número ou unha expresión pode tomar dous valores, un positivo e un negativo, como na solución da ecuación x2 = 1, que é x = ±1, é dicir, x = +1 ou x = –1.

Nalgúns casos emprégase para resumir dúas ecuacións, como na fórmula para resolver ecuacións de segundo grao: :x=b±b24ac2a. que describe as dúas solucións da ecuación ax2 + bx + c = 0.

Do mesmo xeito as dúas fórmulas trigonométricas

cos(A+B)=cos(A)cos(B)sin(A)sin(B)
cos(AB)=cos(A)cos(B)+sin(A)sin(B)

poden resumirse con

cos(A±B)=cos(A)cos(B)sin(A)sin(B)

En Estatística e outras ciencias experimentais indica o erro aleatorio ou erro nunha medida, no caso da estatística a miúdo o desvío estándar.

En xadrez o símbolo ± indica vantaxe para o xogador branco, mentres o símbolo ∓ representa vantaxe para o xogador negro.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Modelo:Control de autoridades