Lei cero da termodinámica

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:1000 artigos icona título Modelo:Sen referencias Modelo:Leis da termodinámica A lei cero da termodinámica parte da noción de comparación entre quente e frío. Se observarmos a diferenza térmica polo contacto coa pel podemos chegar a avaliacións erradas de sensación de calor e frío . Porén, é pola observación dos elementos quentes e fríos que chegamos á conceptuación de temperatura .

Logo a lei cero postulouse da seguinte forma: se os corpos A e B están en equilíbrio térmico cun corpo C, entón A e B están en equilíbrio térmico un co outro, ou sexa, a temperatura deses sistemas é a mesma.

Este principio, realmente unha definición, é o que fornece a base para a construción das escalas de temperatura, isto é, para a medición da temperatura. Tamén permite a construción de instrumentos para poder medir a temperatura dun sistema.

Dedución da Lei Cero a partir do Segundo Principio da Termodinámica

O principio cero, de feito, pode deducirse da segundo principio da termodinámica dunha maneira moi sinxela.

Sexa inicialmente un sistema illado Σ formado por dous subsistemas Σ1 e Σ2 sexa E a enerxía total e E1 e E2 = E - E1 as enerxías dos dous subsistemas. Funcionalmente tense que S(E) = S(E1)+S(E2), se admitimos como única variable independente E1 e derivamos:

dSdE1=dS1dE1+dS2dE2dE2dE1=dS1dE1dS2dE2=0

De onde se segue que:

dS1dE1=1T1=1T2=dS2dE2

Se aplicamos o anterior principio a un sistema ΣAB formado por dúas partes ΣA e ΣB de ducimos que TA = TB. Facendo o mesmo cun sistema ΣBC formado por ΣB e ΣC chegamos a TB = TC, e polo tanto, TA = TB = TC.

Modelo:Física en progreso

Modelo:Control de autoridades