Gráfica de Hanes-Woolf

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
Gráfica de Hanes de a/v fronte a a para a cinética de Michaelis–Menten.

En bioquímica, unha gráfica de Hanes–Woolf, representación de Hanes–Woolf, gráfica de Hanes, ou gráfica de a/v fronte a a é unha representación gráfica da cinética encimática na cal a proporción da concentración de substrato inicial a respecto da velocidade de reacción v se representa fronte a a. Está baseada na transformación da ecuación de Michaelis–Menten que se mostra abaixo:

av=aV+KmV

onde Km é a constante de Michaelis e V é a velocidade limitante.[1]

J. B. S. Haldane sinalou, reiterando o que el e K. G. Stern escribiran no seu libro,[2] que esta transformación da ecuación fora debida a Barnet Woolf.[3] Porén, tratábase simplemente dunha das tres transformacións presentadas por Woolf. Foi publicada en primeiro lugar por C. S. Hanes, aínda que el non a utilizou como gráfica.[4] Hanes indicou que o uso da regresión liñal para detreminar os parámetros cinéticos deste tipo de transformación liñal xera o mellor axuste entre os valores observados e os calculados de 1/v, en vez de de v.Modelo:R

Empezando coa ecuación de Michaelis–Menten:

v=VaKm+a

podemos tomar os recíprocos de ambos os membros da ecuación para obtermos a ecuación usada para representar a gráfica de Lineweaver–Burk:

1v=1V+KmV1a

que pode ser multiplicada en ambos os membros por a para dar

av=1Va+KmV

Así, en ausencia de datos do erro experimental unha gráfica de a/v fronte a a dá lugar a unha liña recta de pendente 1/V, un punto de corte nas ordenadas en Km/V e outro nas abscisas en Km.

Igual que outras técnicas que linearizan a ecuación de Michaelis–Menten, a representación de Hanes–Woolf tense utilizado historicamente para a determinación rápida dos parámetros cinéticos Km, V e Km/V, pero foi en gran medida superada polos métodos de regresión non-liñal que son significativamente máis exactos e actualmente xa non son inaccesibles computacionalmente. Con todo, segue sendo útil como medio de representar os datos graficamente.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Control de autoridades

  1. O termo velocidade máxima úsase a miúdo, pero a IUBMB non o recomenda; ver Modelo:Cite journal
  2. Modelo:Cite book
  3. Modelo:Cite journal
  4. Modelo:Cite journal