Extremos dunha función

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
Extremos dunha función.

En matemáticas, os máximos e mínimos dunha función, coñecidos colectivamente como extremos dunha función, son os valores meirandes (máximos) ou máis pequenos (mínimos) que toma unha función nun punto situado xa sexa dentro dunha rexión en particular da curva (extremo local) ou no dominio da función na súa totalidade (extremo global ou absoluto).[1][2][3] De maneira máis xeral, os máximos e mínimos dun conxunto (como se define en teoría de conxuntos) son os elementos maior e menor no conxunto, cando existen. O localizar valores extremos é o obxectivo básico da optimización matemática.

Extremos relativos ou locais

Sexa f(x):A, sexa x0A e sexa P(x0,f(x0)) un punto pertencente á función.

Dise que p é un máximo local de f se existe unha veciñanza reducida de centro x0, en símbolos E(x0), onde para todo elemento x de E(x0) se cumpre que f(x)f(x0). Para que esta propiedade posúa sentido estrito debe cumprirse f(x)<f(x0).

Analogamente, dise que o punto p é un mínimo local de f se existe unha veciñanza[4] reducida de centro x0, en símbolos E(x0), onde para todo elemento x de E(x0) se cumpre que f(x)f(x0).

Extremos absolutos

Sexa f(x):A, sexa x0A e sexa P(x0,f(x0)) un punto pertencente á función.

Dise que P é un máximo absoluto de f se, para todo x distinto de x0 pertencente ao subconxunto A, a súa imaxe é menor ou igual ca a de x0. Isto é:

P(x0,f(x0)) máximo absoluto de fxx0,xA,f(x0)f(x).

Analogamente, P é un mínimo absoluto de f se, para todo x distinto de x0 pertencente ao subconxunto A, a súa imaxe é maior ou igual ca a de x0. Isto é:

P(x0,f(x0)) mínimo absoluto de fxx0,xA,f(x0)f(x).

Cálculo de extremos locais

Dada unha función suficientemente derivábel f(x):A, definida nun intervalo aberto de , o procedemento para achar os extremos desta función é moi sinxelo:

  1. Áchase a primeira derivada de ff(x)
  2. Áchase a segunda derivada de ff(x)
  3. Iguálase a primeira derivada a 0: f(x)=0
  4. Despéxase a variábel independente e obtéñense todos os valores posíbeis da mesma: x={x1,x2,...,xn/f(xi)=0i=1,2,...,n}.
  5. Áchase a imaxe de cada xi substituíndo a variábel independente na función.
  6. Agora, na segunda derivada, substitúese cada xi:
    1. Se f(xi)<0, tense un máximo no punto M(xi,f(xi)).
    2. Se f(xi)>0, tense un mínimo no punto m(xi,f(xi)).
    3. Se f(xi)=0, debemos substituír xi nas sucesivas derivadas até que sexa distinto de cero. Cando se ache a derivada para a que xi non sexa nulo, hai que ver que derivada é:
      1. Se a derivada é par, trátase dun extremo local; un máximo se fn(xi)<0 e un mínimo se fn(xi)>0
      2. Se a derivada non é par, trátase dun punto de inflexión, pero non dun extremo.

Exemplo

Sexa f(x)=x312x2+45x30. Achar os seus extremos locais e os seus puntos de inflexión.

Dada a función f(x)=x312x2+45x30, tense que:

f(x)=3x224x+45

f(x)=6x24

f(x)=6

  • Extremos:

f(x)=3x224x+45=0x{3,5}

f(3)=6324=6<0 existe un máximo en M(3,f(3))M(3,24).

f(5)=6524=6>0 existe un mínimo en m(5,f(5))m(5,20).

  • Puntos de inflexión:

f(x)=6x24=0x=4.

f(4)=60 existe un punto de inflexión en P(4,f(4))P(4,22).

Notas

Modelo:Listaref

Modelo:Control de autoridades

  1. Stewart, James (2008): Calculus: Early Transcendentals. Brooks/Cole. 6ª ed. ISBN 0-495-01166-5
  2. Larson, Ron & Edwards, Bruce H. (2009): Calculus. Brooks/Cole. 9ª ed. ISBN 0-547-16702-4
  3. Thomas, George B., Weir, Maurice D. & Joel (2010): Thomas' Calculus: Early Transcendentals. Addison-Wesley. 12ª ed. ISBN 0-321-58876-2
  4. Modelo:Cita libro