Estereorradián

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

estereorradián[1] é unha unidade derivada do SI que mide ángulos sólidos. É o equivalente tridimensional do radián. O seu símbolo é sr.[2]

Definición

O estereorradián defínese facendo referencia a unha esfera de radio r. Se a área dunha porción desta esfera é r², un estereorradián é o ángulo sólido comprendido entre esta porción e o centro da esfera.[3]

Explicación da definición

O ángulo sólido en estereorradiáns, é:

Ω=Sr2

Onde S é a superficie cuberta polo obxecto nunha esfera imaxinaria de radio r, cuxo centro coincide co vértice do ángulo.[3]

Por tanto, un estereorradián é o ángulo que cobre unha superficie r2 a unha distancia r do vértice.[1]

 1sr=r2r2
Analoxía co radián

En dúas dimensións, o ángulo en radiáns está relacionado coa lonxitude de arco, e é:

θ=sr

sendo s a lonxitude de arco, e r o radio do círculo.

Ángulo dun casquete esférico

O cono (1) e o casquete esférico (2) dentro da esfera.

Se a área A  é igual a r2 e vén dada pola área dun casquete esférico.

(A=2πrh)

entón cúmprese que

.hr=12π

Entón o ángulo sólido descrito polo cono que corresponde ao ángulo (plano, véxase a figura) é igual a:[2]

.Ω=2π(1cosθ)sr

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Modelo:Commonscat

Outros artigos

Modelo:Control de autoridades

  1. 1,0 1,1 "Steradian", McGraw-Hill Dictionary of Scientific and Technical Terms, fifth edition, Sybil P. Parker, editor in chief. McGraw-Hill, 1997. ISBN 0-07-052433-5.
  2. 2,0 2,1 Modelo:Cita libro
  3. 3,0 3,1 Modelo:Cita libro