Dmitri Mendeleiev

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Sen referencias Modelo:1000 Modelo:Biografía Modelo:Contén texto cirílico Dmitri Ivánovich Mendeléiev (ruso: Дмитрий Иванович Менделеев), nado en Tobolsk o 8 de febreiro de 1834 e finado en San Petersburgo o 2 de febreiro de 1907, foi un destacado químico ruso, catedrático da Universidade Imperial de San Petersburgo, famoso por descubrir a lei periódica en 1869 coa que clasificaba os elementos químicos na táboa periódica dos elementos.[1] Esta clasificación permitiulle prever a existencia de elementos químicos aínda non descubertos, como o galio, o xermanio e o escandio, predicir con moita exactitude as súas propiedades, así como detectar erros nos valores de propiedades de elementos xa coñecidos, como a masa atómica.

Doutra banda, tamén foi o descubridor da temperatura crítica (que el chamou temperatura absoluta de ebulición) e formulou por primeira vez a ecuación de estado dos gases ideais, pV=nRT, identificando a constante dos gases R como unha constante universal e calculando o seu valor con moita precisión. Ademais, tivo un papel destacado como asesor do goberno ruso en relación coa modernización da maior parte dos sectores industriais do país, que quedaran moi atrasados respecto dos países europeos e dos Estados Unidos.

Foi galardoado co Premio Demídov (1862); a medalla Davy (1882); o Faraday Lectureship Prize (1889) e a medalla Copley (1905). Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Edimburgo, Gotinga, Oxford, Cambridge, Princeton, Glasgow e Yale. Con todo, a pesar do seu prestixio internacional, nunca foi admitido como membro da Academia Rusa das Ciencias de San Petersburgo e a súa candidatura ao Premio Nobel de Química foi rexeitada dúas veces (1905 e 1906).


Traxectoria

Modelo:Multiple image

Infancia en Siberia

Torre Pavlinskaya do Kremlin de Tobolsk e o campanario da catedral

Mendeleiev naceu o 8 de febreiro de 1834 (o 27 de xaneiro segundo o calendario xuliano vixente no Imperio Ruso naquela época) na aldea de Verkhnie Aremzyani, preto da cidade de Tobolsk, no actual Óblast de Tyumen, e despois a capital de Siberia Occidental. O seu pai, Ivan Pavlovich Mendeleiev, era nativo da Óblast de Tver[2] e formouse no Seminario Ortodoxo de Tver en 1804 e no Instituto Pedagóxico de San Petersburgo en 1807.[3] Era fillo de Pavel Mikhailovich Sokolov, un sacerdote ortodoxo. Iván, como era costume entre os fillos do clero ortodoxo que non se quedaban na parroquia, recibiu unha liñaxe diferente do seu pai.[2] Puxéronlle o nome de Mendeleiev, como un veciño que comerciaba cabalos e outros bens, pola súa afección ao troco de pedras nun popular xogo ruso.[4] Despois de completar os seus estudos, foi nomeado profesor de ruso no Instituto Tobolsk, onde coñeceu a María Dmitrievna Kornilieva, 10 anos máis nova ca el, con quen casou en 1809. Tiveron 17 fillos, dos cales só 14 estaban vivos no momento do nacemento de Dmitri (o máis novo).[2] A partir de 1825, o Imperio ruso foi gobernado polo tsar Nicolao I (1796-1855), quen transformou o réxime aristocrático nun despotismo burocrático ao servizo do Estado feito que conxelou política e economicamente o Imperio ruso durante o seu reinado (1825-1855).[5]

Estudos en San Petersburgo

Ao pouco de rematar Mendeleiev o bacharelato morreu seu pai e incendiouse a fábrica da familia e súa nai decidiu investir os cartos aforrados na súa educación no canto de reconstruír a fábrica, polo que se trasladou a Moscova con parte da familia para que Dmitri estudase na universidade; porén, non foi admitido nin na de Moscova nin na de San Petersburgo, xa que non se aceptaba a ninguén que non fose da capital do país. Tivo que completar os seus estudos no Instituto Pedagóxico de San Petersburgo.

A pesar de pasar os últimos anos de estudos na enfermaría a causa dun diagnóstico de tuberculose graduouse en 1855 coma o primeiro da súa clase e presentando a súa primeira memoria sobre química, O isomorfismo en relación con outros puntos de contacto entre as formas cristalinas e a composición.

Presentou a tese Sobre volumes específicos para acadar a praza de mestre de escola e a tese Sobre a estrutura das combinacións silíceas para conseguir a de cátedra de química na Universidade de San Petersburgo, aos 23 anos xa tiña ao seu cargo un curso en dita universidade.

Anos despois grazas a unha bolsa puido trasladarse a cidade alemá de Heidelberg para ampliar os seus estudos, onde coñeceu algúns dos químicos máis destacados da época. Realizando estudos xunto a científicos coma Kirchhoff ou Bunsen a raíz dos cales publicou un artigo, A cohesión dalgúns líquidos e sobre o papel da cohesión molecular nas reaccións químicas dos corpos. Puido realizar este traballo grazas a uns aparatos de precisión encargados en París cos que atopou a temperatura absoluta de ebulición e descubriu por que algúns gases non se podían licuar, porque se atopaban por encima da temperatura de ebulición.

Participou no Congreso de Karsruhe onde quedou impresionado polas ideas sobre o peso dos elementos planteadas por Cannizzaro, ao seu regreso a San Petersburgo influirían fortemente nunha das súas principais obras desa prolífica época, Química orgánica.

En 1864 foi nomeado profesor de Tecnoloxía e Química no Instituto Tecnolóxico de San PetersburgoModelo:Sfn e tres anos despois ocupou a cátedra de Química na Universidade desa mesma cidade, onde estudou o isomorfismo, a compresión dos gases e as propiedades do aire enrarecido, permaneceu nesa cátedra 23 anos.

Mendeleiev era partidario de reformas no sistema educativo ruso polo que se presentou á presidencia da Academia Imperial de Ciencias, pero non saíu escollido a causa do seu liberalismo. Causa tamén do fin da súa cátedra, ao intervir en 1890 a favor dos estudantes entregar unha carta ao ministro de Instrución Pública dirixida ao tsar.

Tamén foi o director da Oficina de Pesos e Medidas en 1893.

Vida persoal

Casou en 1862 con Feozva Nikítichna Lescheva,[6] matrimonio do que tivo tres fillos: Olga, Vladimir e Iván, un dos cales faleceu. Pero non foi un matrimonio feliz, vivindo separados dende 1871. Tras anos de intentos conseguiu o divorcio da súa primeira muller, tendo así liberdade para casar con Anna Ivánovna Popova, 26 anos máis nova que el, superando tamén as reticencias da familia dela.

Do seu segundo matrimonio tivo dous xemelgos e unha filla, a maior, chamada Liubov que se converteu na esposa do famoso poeta ruso Aleksander Blok.

Traballo científico

A táboa periódica orixinal de Mendeleiev.
Época de descubrimento dos elementos: Mendeleiev contaba cos vermellos, laranxas e amarelos

Ocupouse de problemas químico-físicos relacionados co espectro de emisión dos elementos, seguindo os traballos de análise espectral de Bunsen e Kirchoff. Determinou volumes específicos e analizou as condicións de licuefación dos gases, así como a orixe dos petróleos.

A súa investigación principal deu nacemento ó enunciado da lei periódica dos elementos, base do sistema periódico ó que se lle acostuma engadir o seu nome. En 1869 publicou o seu libro Principios de química, no que desenvolvía a lei e deseñaba a Táboa Periódica.

A pesar de que este sistema de clasificación non era o primeiro que se baseaba nas propiedades dos elementos químicos, coma a súa valencia, si que incorporaba notabeis melloras, como a combinación dos pesos atómicos e as semellanzas entre elementos, ou o feito de reservar espazos en branco para elementos aínda non descubertos, coma o eka-aluminio ou galio (descuberto por Boisbaudran en 1875), o eka-boro ou escandio (Nilson, 1879) ou o eka-silicio ou xermanio (Winker, 1886).

Totalmente convencido da validez da súa clasificación e co fin de atopar acomodo na taboa a algúns elementos Mendeléiev alterou o valor do peso atómico considerado correcto ata entón para estes elementos, modificacións que con posterioridade a experimentación confirmou.

Poucos anos máis tarde, en 1894, o descubrimento de certos gases nobres (neon, cripton, argon, xenon, radon e helio) na atmosfera, efectuado polo químico británico William Ramsay, a táboa periódica de Mendeléiev sufriu a ampliación dunha nova columna.

Modelo:Cita.

Recoñecementos

Medalla Mendeleiev.

No ano 1955 nomeouse na súa honra a un elemento químico sintético, de número atómico 101, o mendelevio (Md).

A Academia de Ciencias de Rusia recoñece dende o ano 1998 coa Medalla Mendeleiev os avances na química e na tecnoloxía.

Na súa honra foi nomeado un cráter de impacto na Lúa.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Modelo:Commons

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades