Consecuente

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Un consecuente é a segunda metade dunha proposición hipotética. Na forma estándar de tal proposición, é a parte que segue a palabra "entón" (ou daquela, logo). Nunha implicación, se P implica Q, entón P chámase antecedente e Q consecuente[1]. Nalgúns contextos, o consecuente chámase apódose.

Exemplos:

  • Se P, entón Q.

Q é o conxecuente desta hipotética proposición.

  • Se X é un mamífero, daquela X é un animal.

Aquí,"X é un animal" é o consecuente.

  • Se os ordenadores poden pensar, logo están vivos.

"Están vivos" é o consecuente.

O consecuente nunha proposición hipotética non é necesariamente unha consecuencia do antecedente.

  • Se os monos son morados, os peixes falan klingon.

"Os peixes falan klingon" é o consecuente aquí, mais intuitivamente non é unha consecuencia (nin ten nada que ver con) da afirmación feita no antecedente de que "os monos son morados.

Notas

Modelo:Reflist

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Modelo:Control de autoridades

  1. Sets, Functions and Logic - An Introduction to Abstract Mathematics, Keith Devlin, Chapman & Hall/CRC Mathematics, 3rd ed., 2004