Caracol de Pascal

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
Construción dun caracol Pascal

En matemáticas, os caracois de Pascal son curvas en forma de corazón. A cardioide é un caso especial, que ten un punto de retroceso. Os caracois de Pascal son un caso particular de epitrocoide no que os dous círculos empregados para xerar a curva teñen o mesmo raio.

En coordenadas polares a súa ecuación é

r=a+bsinθ 

E en coordenadas cartesianas é

(x2+y2)2(a2+2by)(x2+y2)+b2y2=0 .

Cambiando as variables x e y da ecuación anterior, tamén se obtén un caracol de Pascal, que en coordenadas polares é

r=a+bcosθ 

O caracol de Pascal é unha curva alxébrica plana.

Historia

A investigación formal sobre estas curvas atribúese a Étienne Pascal, pai de Blaise Pascal. Pero o artista renacentista alemán Albrecht Dürer foi quen por primeira vez investigou estas curvas. O libro de Durero Underweysung der Messung ("Instrución sobre medidas")[1] contén métodos xeométricos específicos para producir caracois de Pascal.

Visualización

Un caracol Pascal, un cardioide e un trisector, respectivamente.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Modelo:Commonscat

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades