Círculo máximo

Un círculo máximo[1] é o círculo resultante dunha sección realizada a unha esfera mediante un plano que pasa polo seu centro e a divida en dous hemisferios; a sección circular obtida ten o mesmo diámetro que a esfera.
A distancia máis curta entre dous puntos da superficie dunha esfera sempre é o arco de círculo máximo que os une.
Aplicaciones de círculos máximos
Xeometría riemanniana
Na xeometría riemanniana este concepto serve para ilustrar como hai espazos con puntos (os antipodais) que admiten máis dunha xeodésica contrastando o que acontece nos espazos euclidianos, en que por dous puntos escollidos arbitrariamente só pasa unha única xeodésica.
Triángulos esféricos

Se tres puntos da superficie esférica son unidos por arcos dun círculo máximo menores que 180 º, a figura obtida denomínase triángulo esférico. Os lados do polígono así formado exprésanse por conveniencia como ángulos con vértice o centro da esfera e non pola súa lonxitude. Este arco medido en radiáns e multiplicado polo raio da esfera é a lonxitude do arco. Nun triángulo esférico os ángulos cumpren que 180 ° < + + < 540 °.
Xeografía e cartografía

A traxectoria seguindo unha corrente en chorro (liña verde).
En xeografía e cartografía, os círculos máximos que pasan polos polos determinan as liñas de lonxitude (meridianos). Na latitude, pola contra, existe só un círculo máximo, o Ecuador terrestre. As demais latitudes están determinadas por círculos menores paralelos ao Ecuador (paralelos).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Great Circle description, figures, and equations. Mathworld, Wolfram Research, Inc. c1999 Modelo:En
- Great Circles on Mercator's Chart by John Snyder with additional contributions by Jeff Bryant, Pratik Desai, and Carl Woll, Wolfram Demonstrations Project. Modelo:En
- Um simulador de rotas ortodrómicas Modelo:Webarchive Modelo:Pt
- Esfera armilar, un suporte a la Navegación Astronómica Modelo:Pt
- esferas Armilares perfeitas - Construa voce mesmo Modelo:Webarchive Modelo:Pt