Becquerel

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

O becquerel (símbolo Bq) é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades que mide a actividade radioactiva.[1] Un becquerel defínese como a actividade dunha cantidade de material radioactivo con decadencia dun núcleo por segundo. Equivale a unha desintegración nuclear por segundo. A unidade de Bq é por conseguinte inversa ao segundo.

Pódese calcular derivando N respecto ao tempo (t):

A=dNdt=λN;A=A0eλt

sendo N o número de núcleos radioactivos sen desintegrarse, λ a constante radioactiva, característica de cada isótopo, e A0 a actividade no instante inicial

Toma o seu nome en honra do físico francés Henri Becquerel.

Por outra banda, 3,7*1010 Bq equivalen a 1 curio.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades