Menos un
En matemáticas, −1 é o oposto do 1, é dicir, o número que cando se lle suma 1 dá o elemento neutro da adición, 0. É o maior número enteiro negativo, maior ca −2 e menor que 0.
O menos un aparece na identidade de Euler, xa que ei = −1.
No desenvolvemento de software, −1 é o valor inicial común para os enteiros e adoita empregarse para indicar que a variable non ten información útil.
O menos un ten algunhas propiedades semellantes ao un.[1]
Propiedades alxébrica
Multiplicar un número por −1 equivale a cambiar o signo do número. Isto pode probarse empregando a propiedade distributiva e o axioma que di que 1 é o elemento neutro da multiplicacioón: para x real, tense
onde se empregou o feito de que calquera real x multiplicado por 0 dá 0, implicado pola propiedade de cancelación da ecuación

Noutras palabras,
entón (−1) • x é o oposto x, or −x.
Cadrado de −1
O cadrado de −1, é dicir, −1 multiplicado por −1, é 1. Como consecuencia, o produto de dous número negativos é positivo.
Para demostrar alxebricamente o resultado comézase coa ecuación
Esta ecuación séguese do resultado anterior. A segunda séguese da definición de −1 como oposto de 1. Empregando a propiedade distributiva
A segunda ecuación séguese do feito de que 1 é o elemento neutro da multiplicación. Sumando 1 a ambos os membros obtense
O argumento anterior é válido para calquera anel.
Raíces cadradas de −1
O número complexo i satisfai i2 = −1, e polo cando pode considerarse unha raíz cadrada de −1. O outro número complexo x que satisfai a ecuación x2 = −1 é −i.[2] Na álxebra de cuaternións, que contén o plano complexo, a ecuación x2 = −1 ten infinitas solucións.
Exponenciación de enteiros negativos

A exponenciación dun número real diferente de cero pode estenderse aos enteiros negativos. Defínese x−1 = Modelo:Sfrac, o que quere dicir que se definiu como elevar un número a −1 que ten o mesmo efecto que calcular o seu recíproco. Esta definición estendida conserva a lei de exponenciación xaxb = x(a + b) para calquera número real a e b.
Un superíndice -1 en Modelo:Math fai a función inversa de Modelo:Math. Por exemplo, Modelo:Math é unha notación para a función arcseno.
A exponenciación a enteiros negativos pódese estender aínda máis a elementos invertíbeis dun anel, definindo Modelo:Math como o inverso multiplicativo de Modelo:Mvar; neste contexto, estes elementos considéranse unidades.[3]
Notas
- ↑ Mathematical analysis and applications By Jayant V. Deshpande, ISBN 1-84265-189-7
- ↑ Modelo:Cita web
- ↑ Modelo:Cite book