Percentil

De testwiki
Revisión feita o 6 de agosto de 2020 ás 14:35 por imported>InternetArchiveBot (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

En estatística, o k-ésimo percentil (Pk) é o valor x (xk) que separa o k% dos valores máis pequenos da mostra.

Definicións

O percentil k-ésimo é o valor x (xk) que corresponde á frecuencia acumulada de N k/100, onde N é o tamaño da mostra. Polo tanto o primeiro percentil determina o 1 % menor dos datos e o 98º percentil determina o 98 % menor dos dados.

O 25º percentil é o primeiro cuartil; o 50º percentil é a mediana e o 75º percentil é o terceiro cuartil. De igual forma, o 10º percentil é o primeiro decil e o 80º percentil é o oitavo decil.

A definición de Mendenhall e Sincich para o p-ésimo percentil de N valores ordenados é correspondente ao valor que ocupa a posición k=p(n+1)100, arredondada ao enteiro mais próximo. A definición Minitab é dada como a interpolación linear do valor correspondente á k=p(n+1)100 posición.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades