Ecuación diofantiana

De testwiki
Revisión feita o 28 de agosto de 2023 ás 00:25 por imported>Gasparoff
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Organización

Chámase ecuación diofantiana[1] a calquera ecuación alxébrica, xeralmente de varias variábeis, formulada sobre o conxunto dos números enteiros ou os números naturais , é dicir, trátase de ecuacións cuxas solucións son números enteiros.

O termo diofantiana fai referencia a Diofanto de Alexandría (século III), matemático grego do período helenístico, que estudou tales ecuacións e foi un dos primeiros matemáticos que introduciu o simbolismo en álxebra.

Exemplo ilustrativo

Un exemplo de ecuación diofantiana é: x+y=5

Esta ecuación ten infinitas solucións nos números reais. Como regra xeral, porén, as ecuacións que aparecen nos problemas teñen restricións que nos axudan a limitarnos a un pequeno número de casos e incluso a unha única solución.

Por exemplo, na nosa ecuación, se restrinximos os posíbeis valores de x e y aos enteiros positivos, temos 4 solucións para (x,y):

(1,4) (2,3) (3,2) (4,1).

Un problema matemático moi famoso que se resolve por medio de ecuacións diofantianas é o do mono e os cocos.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades Modelo:Matemáticas en progreso