Reactancia

De testwiki
Revisión feita o 7 de setembro de 2018 ás 03:14 por imported>InternetArchiveBot (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Na electrónica, denomínase reactancia a oposición ofrecida por indutores (bobinas) e condensadores ao paso da corrente alterna, medíndose o seu valor en ohmios. Canda a resistencia eléctrica determinan a magnitude da impedancia total dun compoñente ou circuíto, de tal xeito que a reactancia (X) é a parte imaxinaria da impedancia (Z) e a resistencia (R) é a parte real, segundo a igualdade:

Z=R+jX

Tipos de reactancias

Cando circula corrente alterna por algún destes dous elementos que posúen reactancia, a enerxía é alternativamente almacenada e liberada en forma de campo magnético, no caso das bobinas, ou de campo eléctrico, no caso dos condensadores. Isto produce un adianto ou atraso entre a onda de corrente e a onda de tensión. Este desfase fai diminuír a potencia entregada a unha carga resistiva conectada logo da reactancia sen consumir enerxía.

Se se realiza unha representación vectorial da reactancia indutiva e da capacitiva, os vectores que a constitúen deberíanse debuxar en sentido oposto e sobre o eixo imaxinario, xa que as impedancias calcúlanse como jXL e jXC respectivamente.

Non obstante, as bobinas e condensadores na realidade presentan unha resistencia asociada, que no caso das bobinas considérase en serie co elemento, e no caso dos condensadores en paralelo. Neses casos, e como xa se indicou arriba, a impedancia (Z) total é a suma vectorial da resistencia (R) e a reactancia (X).

É dicir, en fórmulas:

Z~=R+jX

onde

j é a unidade imaxinaria
X=(WL1/WC) é a reactancia en Ohm.

W é a frecuencia angular á cal está sometido o elemento, e L e C os valores de indutancia e capacitancia respectivamente.

Dependendo do valor da enerxía e a reactancia dise que o circuíto presenta:

  • Se X>0, reactancia indutiva (WL>1/WC)
  • Se X=0, non hai reactancia e a impedancia é puramente resistiva (WL=1/WC)
  • Se X<0, reactancia capacitiva (1/WC>WL)

Reactancia capacitiva

A reactancia capacitiva represéntase por XC e o seu valor vén dado pola fórmula: Modelo:Ecuación na que:

XC = Reactancia capacitiva en ohms
C = Capacitancia en farads
f = Frecuencia en hertzs
ω = Frecuencia angular

Reactancia indutiva

A reactancia indutiva represéntase por XL e o seu valor vén dado por: Modelo:Ecuación na que:

XL = Reactancia indutiva en ohms
L = Indutancia en henrys
f = Frecuencia en hertzs
ω = Frecuencia angular

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades

he:עכבה חשמלית#היגב