Custo marxinal

De testwiki
Revisión feita o 12 de xuño de 2019 ás 09:27 por imported>Vitoriaogando (de un > dun)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Sen referencias

Típica curva de custo marxinal.

En economía e finanzas, o custo marxinal é o cambio no custo total que xorde cando a cantidade producida cambia por unha unidade, é dicir, ao incremento do custo total que supón a produción adicional dunha unidade dun determinado ben.

Matematicamente, a función do custo marxinal CM é expresada como a derivada da función do custo total CT con respecto á cantidade Q:

CM=dCT/dQ

Nunha gráfica, a curva que representa a evolución do custo marxinal ten forma de parábola convexa, debido á Lei de rendementos decrecentes. No punto mínimo de dita curva, atópase o número de bens a producir para que os custos sexan mínimos.

Na dita curva, o punto de corte coa curva de custos medios determina o óptimo de produción, punto a partir do cal obtense maior produción.

Modelo:Control de autoridades