Espiral dourada


A espiral dourada (denominada tamén espiral áurea) é unha espiral logarítmica asociada ás propiedades xeométricas do rectángulo dourado.[1] A razón de crecemento é Φ, é dicir a razón dourada ou número áureo. Aparece esta espiral representada en diversas figuras da natureza (plantas, galaxias espirais), así como na arte.
Desenvolvemento matemático
A ecuación polar que describe a espiral dourada é a mesma que calquera outra espiral logarítmica, pero co factor de crecemento () igual Φ, isto é:[2]
ou, da mesma forma
Sendo e a base do logaritmo natural, é unha constante real positiva e é tal que cando o ángulo θ é un ángulo recto:
Por tanto, atópase determinado por
O valor numérico de depende de se o ángulo θ é medido en graos ou radiáns; como pode tomar valores positivos ou negativos segundo o signo de θ o máis sinxelo é indicar o seu valor absoluto:

- para θ en graos
- para θ en radiáns
Unha fórmula alternativa para a espiral dourada obtense en:[3]
onde a constante está determinada por:
para a espiral dourada os valores de son:
se θ se mide en graos sexaxesimais, e
se θ se mide en radiáns.

Aproximacións á espiral dourada
Existen aproximacións á espiral dourada, que non son iguais.[4] Este tipo de espirais, a miúdo confúndense coa espiral dourada. Un exemplo é a espiral de Fibonacci que resulta ser unha aproximación á espiral dourada.
Galería
-
Mediante convolución de rectas
-
Cuncha dun Nautilus
-
Espiral no triángulo e a súa serie de Fibonacci
-
A moeda de ouro máis pequena do mundo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Método de construción a partir dun cadrado
- Vídeo que apoia o uso da espiral áurea nas artes Modelo:Es
- Vídeo que critica a espiral áurea como un mito no deseño gráfico Modelo:Es
- ↑ Steven L. Griffing, (2007), The Golden Section: An Ancient Egyptian and Grecian Proportion, Elsevier, New York, pág. 121-124
- ↑ Modelo:Cita libro
- ↑ Modelo:Cita libro
- ↑ Modelo:Cita libro