Isometría (xeometría riemanniana)

De testwiki
Revisión feita o 23 de decembro de 2018 ás 22:32 por imported>Jglamela (Homónimo)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

En matemáticas, e máis concretamente en xeometría de Riemann, unha isometría é unha aplicación (suave) dunha variedade (pseudo-) riemanniana noutra preservando distancia entre puntos (a definición de isometría require a noción de métrica na variedade). Se a métrica é definida positiva (ou negativa), a variedade dise riemanniana (ou de Riemann), e se é indefinida dise pseudo-riemanniana (ou semi-riemanniana). Un caso particular de variedade pseudo-riemanniana son as variedades lorentzianas onde a signatura da métrica é (1,n1), sendo n a dimensión da variedade. As isometrías estúdanse para todos os casos anteriores.

Definición

Unha isometría local dunha variedade (pseudo-)riemanniana noutra é unha aplicación que toma o tensor métrico da segunda e o transforma no da primeira. Formalmente, dise que un difeomorfismo F:(M,g)(N,h) é unha isometría se conserva a métrica por "pullback", i.e., F*h=g.[1] Equivalentemente mediante a definición por "pushforward" diremos que F é unha isometría se g(X,Y)=h(F*X,F*Y), para todo X,Ycampos de vectores en M. Por outra banda, dise que F:(M,g)(N,h)é unha isometría local se para todo pMexiste unha veciñanza aberta Utal que F|Ué unha isometría sobre un aberto de N. Equivalentemente, F é isometría local se é un difeomorfismo local tal que F*h=g.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Bibliografía

Modelo:Control de autoridades