Dieléctrico

De testwiki
Revisión feita o 28 de marzo de 2023 ás 13:20 por imported>InternetArchiveBot (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.3)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura
Material eléctrico polarizado.

Denomínase dieléctrico a un material cunha baixa condutividade eléctrica (σ << 1); é dicir, un illante, o cal ten a propiedade de formar dipolos eléctricos no seu interior baixo a acción dun campo eléctrico. Así, todos os materiais dieléctricos son illantes pero non todos os materiais illantes son dieléctricos.[1]

Algúns exemplos deste tipo de materiais son o vidro, a cerámica, a goma, a mica, a cera, o papel, a madeira seca, a porcelana, algunhas graxas para uso industrial e electrónico e a baquelita.[2] En canto aos gases utilízanse como dieléctricos sobre todo o aire, o nitróxeno e o hexafluoruro de xofre.

O termo “dieléctrico” (do grego δια- dia-, que significa ‘a través de’) foi concibido por William Whewell en resposta a unha petición de Michael Faraday.[3]

Aplicacións

Os materiais dieléctricos máis utilizados son o aire, o papel e o policloruro de vinilo. A introdución dun dieléctrico nun condensador illado dunha batería, ten as seguintes consecuencias:

  • Diminúe o campo eléctrico entre as placas do condensador.
  • Diminúe a diferenza de potencial entre as placas do condensador, nunha relación Vi/k.
  • Aumenta a diferenza de potencial máxima que o condensador é capaz de resistir sen que salte unha faísca entre as placas (ruptura dieléctrica).
  • Aumento por tanto da capacidade eléctrica do condensador en k veces.
  • A carga non se ve afectada, xa que permanece a mesma que foi cargada cando o condensador estivo sometido a unha voltaxe.

Normalmente un dieléctrico vólvese condutor cando se excede o campo de ruptura do dieléctrico. Esta tensión máxima denomínase rixidez dieléctrica. É dicir, se aumentamos moito o campo eléctrico que pasa polo dieléctrico converteremos devandito material nun condutor.

Obtemos que a capacitancia cun dieléctrico enchendo todo o interior do condensador (plano-paralelo) está dado por:Modelo:Ecuaciónonde:

ϵ0 é a permitividade eléctrica do baleiro.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades